A CIG-Ensino non asina as táboas salariais do sector das autoescolas, carentes de negociación real, porque supoñen seguir afondando na perda de poder adquisitivo

No BOE do 13 marzo de 2019 publicáronse as táboas salariais de autoescolas, logo do acordo do 30 de xaneiro de revisión salarial para os anos 2017-2018 e 2019, asinado por parte da patronal CNAE, xunto cos sindicatos CCOO , UGT e USO.

O acordo produciuse sen ningún tipo de negociación previa (só se presentou a nosa proposta salarial, pola parte social) e deu por boa a primeira e única proposta feita pola patronal, nos termos seguintes:

  • Ano 2017 e 2018 - CONXELACIÓN
  • Ano 2019 -  Subas porcentuais distintas, sen recuperación da perda de poder adquisitivo real, pois limítase a adaptacións ao novo SMI na maioría das categorías e incluso con complementos que serán absorbibles no futuro, por non acadar os 900€ de salario.

A CIG-Ensino fai unha valoración moi negativa deste acordo sa­larial. En sete anos, o persoal das autoescolas levaba perdido un 4,9% con respecto ao IPC, moita porcentaxe en pouco tempo e en salarios moi cativos. A CIG estaba disposta a negociar a nosa proposta, pero non a axeonllarse diante da patronal. Ademais de non cobrar a retroactividade dos anos 2017 (IPC = 1,1%) e 2018 (IPC = 1,2%), a perda de poder adquisitivo sube desde un 2,3%, até o 7,2%. Unha porcentaxe que na maioría das categorías non se recibe e nas que si se recibe ou se supera é por adaptación á normativa legal (R.D/lei do SMI).

CIG

Proposta salarial da CIG-Ensino defendida na mesa de negociación:

Incrementos salariais 2017 e 2018:

Dado que o sector estivo anos de CONXELACIÓN  SALARIAL desde a sinatura do XXII convenio actual (2010, 2011, 2012, 2013 e 2014), coa escusa da crise económica, e que as subas dos anos 2015 e 2016 houbo unha perda de poder adquisitivo dun 0,3% ( polo que non as asinamos a Cig-ensino) entendemos que se debe recuperar a perda de poder adquisitivo, que se eleva ao 4,9% ; ademais de aplicar os IPC reais 2017 (1,1%) e 2018 (1,2%), pagando os atrasos correspondentes.

A nosa proposta para 2017 e 2018 será a suba como mínimo do 1,1% e 1,2%, respectivamente de todos os conceptos salariais sobre as táboas do 2016. Aos salarios que sexan iguais ou superiores ao Salario Medio galego (18.000€) aplicaránselle directamente estas porcentaxes acordados por ano, pero aos salarios que estean por debaixo do salario medio aplicaráselle a suba lineal da cantidade que se incremente aos que teñan o salario medio, é dicir, serían unhas subas lineais para todos, pois ningunha categoría está por enriba do salario medio, de 198€ e 216€ por ano, respectivamente para 2017 e 2018. Estas % tamén se aplicarán a todos os complementos do convenio.

Incrementos salariais 2019:

Suba como mínimo do 5% sobre todos os conceptos salariais das táboas en vigor do 2018 resultantes da regularización anterior, para todos os salarios iguais ou superiores ao Salario Medio Galego. Para todos os salarios que estean por debaixo deste salario medio aplicarase unha suba lineal, a todos eles, da cantidade incrementada aos que teñan o salario medio galego, é dicir, 940 euros ao ano. Este 5% tamén se aplicará a todos os complementos do convenio.

Por suposto algunhas categorías terían que subir máis porcentaxe por adaptación ao SMI.

Desta forma garantiríamos que se recuperara unha parte do poder adquisitivo perdido e acumulado desde a publicación do convenio actual, que como dixemos era do 4,9%, quedando así para futuras táboas salariais a recuperación total de dita perda acumulada.

TÁBOAS SALARIAIS 2017 E 2018

Categoría

Salario Base

Antigüidade/Trienio

Plus Transporte (2)

Director

    1003,01 €

38,10 €

38,49 €

Profesor

937,33 €

34,33 €

38,49 €

Oficial Adm.

846,64 €

25,29 €

38,49 €

Auxiliar Adm.

748,84 €

25,29 €

38,49 €

Aspirante

(1)

16,38 €

38,49 €

Mecánico

779,32 €

25,29 €

38,49 €

Condutor

779,32 €

25,29 €

38,49 €

Limpeza

660,43 €

25,29 €

38,49 €

(1) Retribución como o contrato formación do art. 6 do convenio (2) só meses que se traballen, non vacacións nin baixas.

TÁBOAS SALARIAIS 2019

Categoría

Salario Base

Antigüidade/Trienio

Plus Transporte (2)

Director

    1003,01 €

38,10 €

38,49 €

Profesor

990,00 €

34,33 €

38,49 €

Oficial Adm.

900,00 €

25,29 €

38,49 €

Auxiliar Adm.

840,00 €

25,29 €

38,49 €

Aspirante

840,00 €

16,38 €

38,49 €

Mecánico

      840,00 €

25,29 €

38,49 €

Condutor

840,00 €

25,29 €

38,49 €

Limpeza

840,00 €

25,29 €

38,49 €

As patronais propuxeron eliminar do convenio o artigo 19 – Premio por xubilación , ao que dende a Cig-ensino nos opuxemos e as demais OO.SS. accederon a cambio de outras melloras, que quedaron pendentes de negociarse o 9 de abril nunha nova mesa negociadora.       

CIG Informa sobre as táboas salariais do sector autoescolas para 2017, 2018 e 2019

Documento


Volver