A CIG Ensino logra que o mércores de cinza continúe a ser non lectivo

Teredes toda a información da mesa sectorial nesta nova

Despois dun longo e intenso debate en que a CIG-Ensino se empregou en convencer á Administración, o mércores de cinza será NON lectivo, rematando o curso o día 22 de xuño en todas as etapas. No interior desta nova iremos colgando toda a información da mesa sectorial: Calendario, Concursos de adxudicación de destino provisional (CADP), Creación dun IES en Culleredo e Rogos e Preguntas.

A sesión que terá lugar o martes 2 de xuño, ás 10:00 h. de acordo coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 28 de abril de 2015 
  2. Calendario escolar. Ligazón ao borrador -- Ligazón ao CIG Informa
  3. Proxecto de orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2015/2016, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional Ligazón ao proxecto -- Ligazón ao CIG Informa -- Ligazón ao CIG Informa resumo de datas 
  4. Proxecto de orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2015/2016, entre o persoal docente pertencente ao corpo de mestres Ligazón ao proxecto -- Ligazón ao CIG Informa -- 
    Ligazón ao CIG Informa resumo de datas
  5. Proxecto de orde pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo Ligazón ao proxecto
  6. Rogos e preguntas. Ligazón ao CIG Informa

Volver