A CIG-ENSINO faise eco da denuncia dos participantes no proxecto Abalar que se queixan da desorganización e falta de apoio da Consellaría de Educación

O Proxecto Abalar: un cúmulo de despropósitos

A CIG-Ensino denuncia que a aplicación do proxecto Abalar segue caracterizándose pola súa improvisación, desorganización e abuso do profesorado en quen está a recaer a marcha do proxecto sen contar con ningún tipo de apoio nin facilidade. O profesorado participante no proceso, nas súas distintas modalidades denuncia a falta de planificación da Consellaría que acabou realizando a formación coincidindo co inicio da aplicación do proxecto, cando tiña que ter sido realizada a finais do curso anterior, está a sobrecargar de traballo ao profesorado, que non é quen de organizar a súa xornada na que debe manter a súa dedicación horaria habitual e agora sumarlle horas de formación e de posta en marcha do proxecto, sen recibir ningún apoio da Consellaría. Ademais de sobrecarga de traballo esíxelle ao profesorado que realice a formación urxentemente para paliar co seu voluntarismo a ineficacia da Consellaría que atrasou completamente o proxecto. O profesorado tamén denuncia a falta de colaboración da Consellaría que non resolve as dúbidas presentadas desde os centros.

Canto á formación, o profesorado considera excesivas o número de horas de formación previsto, que nin sequera ten en conta que o profesorado poida ter formación previa validábel para este proxecto. Tamén denuncian a incongruencia de que os coordinadores, responsábeis da formación do profesorado, estean recibindo formación ao mesmo tempo que ás persoas ás que teñen que formar, deberían ter sido formados completamente con carácter previo. Tamén denuncia a escasa adecuación dalgúns dos contidos propostos, ou que nalgunhas fases de formación o tempo asignado á avaliación é insuficiente. A CIG-Ensino xa esixiu que non se impoñan xornadas de duración ilegal coa pretensión de gañar o tempo perdido pola Consellaría e xa reclamamos da Consellaría que a formación debería realizarse en horario lectivo, ou compensarse con descontos horarios, ademais de que deberá valorarse como formación nos concursos en que a formación computa. En todo caso a CIG-ENSINO xa lle trasladou á Consellaría que non aceptará que o profesorado acabe sendo quen pague as deficiencias da posta en marcha deste programa cando os pais comproben que o que se lles ofreceu non se corresponde coa realidade e dirixan as súas críticas ao profesorado que, en ningún caso é o responsábel deste desaguisado.

Denunciamos  que non esté orzamentada a totalidade dos gastos e así, hai coordindaores/as aos que se lles informou de que non se lles vai aboar a totalidade dos gastos realizados por mor da impartición da formación.

O profesorado  cando solicitou voluntariamente o proxecto non coñecían a deficiente planificación e desorganización con que se levaría a cabo, motivos máis que suficientes parar enunciar ao proxecto por ser inasumíbel nestas condicións.

A estas críticas hai que  sumar as xa  denuncias opola CIG-ENSINO nos eu día, como que a Consellaría de Educación empregou o proxecto Abalar para desviar fondos aos centros privados, xa que, porcentualmente, foron máis centro privados os que recibiron o programa cós centros públicos. Isto fíxose coa máis absoluta discrecionalidade pois, ademais de non existir unha convocatoria pública nin unha resolución publicada de cales foron os centros que recibiron o proxecto, temos coñecemento de que houbo centros públicos que solicitaron o proxecto e non se lles concedeu, malia reunir os requisitos establecidos na enquisa coa que a Consellaría se dirixiu a eles para saber cales querían acollerse ao proxecto.

A este desvío de fondos á privada, hai que sumar o emprego do proxecto Abalar na desgaleguización dos centros, pois non doutra maneira se pode interpretar que a maioría dos materiais difundidos desde o portal web da Consellaría estean en español.

 

Curso

plástica

Ed. Física

Coñecemento do medio

matemáticas

Música

 

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

 

5º Pr.

 

100%

43%

57%

81%

19%

 

100%

17%

83%

 

Curso

Cienc. Nat.

Ed. Física

F. e Química

matemáticas

Música

C. Sociais

Biol.e xeol.

Tecnoloxía

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

gal

esp

1º ESO

100%

 

 

100%

100%

 

 

100%

20%

80%

45%

55%

 

100%

 

100%

 

Se atendemos aos datos recollidos na táboa anterior comprobamos que maioritariamente os materiais están en español para o conxunto das materias e en matemáticas, plástica, tecnoloxía, Bioloxía ou Educación Física en Secundaria están exclusivamente en español. Esta información esclarece a intención da Consellaría, pois se comparamos materias como Coñecemento do medio en Primaria ou Ciencias Sociais en Secundaria, que teñen que ser impartidas en galego, comprobamos que, case o 20% os materiais en Coñecemento do medio e o 55% en Ciencias Sociais se ofertan en español. Cal é a intención que se agacha detrás disto? Non pode ser outra que procurar que o castelán se introduza nestas materias, das poucas materias (en Primaria a única) que están fixadas en galego no Decreto da Consellaría (79/2010). Pola contra, a Consellaría procura asegurarse que o galego non chegue ás aulas a través de materias como as matemáticas, e así o 100% dos materiais que se ofertan neste caso están en español, pretende con isto a Consellaría que o profesorado desta materia non caia na pretensión de impartir as mates en galego? Desde a CIG-Ensino pensamos que esa é a intención, o que pon en evidencia a intencionalidade na aplicación do proxecto. É dicir, mentres para as materias de obrigada impartición en galego, coñecemento do medio, ciencias socias, bioloxía se distribúen materiais en español (ás veces superando á oferta en galego), para materias que eles mandan dar en español, matemáticas, tecnoloxía, non hai materiais en galego.

 

A CIG-Ensino esixe de Educación que se deixe de facer propaganda e atenda as demandas do profesorado e dos centros que resumimos nas seguintes:

- Que a fase II de formación para os coordinadores sexa de apoio (non suxeita a superar probas na parte virtual) adaptada  aos diferentes niveis e necesidades do coordinadores, tendo en conta as súas propostas   e que todas as persoas asistentes reciban o certificado, pois son coordinadores TIC voluntarios, que non teñen establecida ningunha outra compensación e que están a levar o peso da formación dos obradoiros.

- Que a Administración se comprometa a abordar dunha vez o desenvolvemento da figura do coordinador TIC e preste todo o seu apoio a estes coordinadores para o mellor desenvolvemento do seu labor.

- Que se informe debidamente aos centros de todas as dúbidas e das incidencias e a marcha do plan de despregue. Está habendo moitos fallos que impiden a utilización dos equipos.

- Que se informe aos centros de cal é o plan para o vindeiro curso, pois condiciona moitísimo a fase de formación deste ano. Non se sabe se vai a haber continuidade no plan, se os alumnos de primeiro van a seguir tendo equipos en segundo ou non, ou se a formación do profesorado de primeiro vai a seguir o vindeiro ano ou só se formará ao profesorado das novas aulas.  

Volver