A CIG-Ensino exixirá mañá na mesa sectorial a retirada das instruccións remitidas pola Consellaría coas que pretende agrupar, nunha única aula, alumnado de diferentes cursos ou ciclos

Mesa Sectorial 26-5-09

Estas instrucións, dadas unilateralmente por parte da Dirección Xeral de centros e Recursos Humanos, sen previa negociación, como sería preceptivo, está comportando que haxa direccións que xa teñan presentada a súa dimisión, haxa centros ameazados de ter desde 1 até 6 profesores/as menos que na actualidade, etc.
A CIG-Ensino exixirá mañá na mesa sectorial docente non universitaria a retirada das instruccións remitidas pola consellaría de educación á inspección educativa coas que  pretende agrupar, nunha única aula, alumnado de diferentes cursos ou ciclos
 
Estas instrucións, dadas unilateralmente por parte da Dirección Xeral de centros e Recursos Humanos, sen previa negociación, como sería preceptivo, está comportando que haxa direccións que xa teñan presentada a súa dimisión, haxa centros ameazados de ter desde 1 até 6 profesores/as menos que na actualidade, etc.
 
A día de hoxe, preto de 100 centros educativos de Infantil e Primaria xa remitiron escritos, promovidos pola CIG-Ensino, á Consellaría de Educación, rexeitando esta medida e exixindo a súa retirada, xa que en moitos centros supón un recorte importante de profesorado. Con esta redución de docentes, a Consellaría persegue un aforro económico, aínda sabendo que comporta un detrimento da calidade do ensino
A modo de exemplo, no CEIP do Carballal (Marín) suprimiríanse 6 postos de mestres, no CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, 5; no CEIP de Boimorto, 3;  no CEIP de Toques, 3; no CEIP de Refoxos (Oia), 2; no CEIP de Baltar, 2; no CEIP de Zas, 3; no CEIP de Carreira, 3; no CEIP de Campanario, 2; no CEIP de Con, 2, no CEIP do Pino, 3; no CEIP Paraixal de Teis (Vigo), 2, no CEIP de Samos, 2; no CEIP Santiago de Oliverira de Ponteareas, 2; no CEIP de Monterroso, 2; no CEIP de Altamira de Salceda, 2; no CEIP As Bizocas do Grove, 2, no CEIP de Arcediago, 1; no CEIP de Visantoña, 1; no CEIP de Louro, 1; etc. Así, na provincia de Lugo perderíanse 78 postos de traballo, en Ourense máis de 51, na Coruña 66 e en Pontevedra 49. En total, os cadros de persoal dos centros de Primaria e Infantil veríanse reducidos en máis de 244 profesores/as.
 
Esta medida, sorprende, aínda máis, cando a Consellaría nin sequera ten en conta nin a repetidores nin o alumnado de necesidades educativas especiais para estabelecer as ratios máximas. Porén, a Consellaría non se dá a presa necesaria, que agora amosa en detrimento do ensino público, para reducir as ratios máximas, reclamada pola CIG-Ensino e que, por certo, tamén está recollida no programa do PP.  
 
Estes datos son sumamente clarificadores para que, mañá, na Mesa Sectorial, previa reunión das OOSS, a Consellaría retire definitivamente estas instrucións. Do contrario, a CIG-Ensino continuará coa campaña nos centros e proporá levar a cabo as mobilizacións necesarias para que non se efectivicen. Calquera agrupamento ou desdobre dun curso non se debe realizar, baixo ningún concepto, sen o consentimento e a aprobación do centro que sempre terá como único criterio o pedagóxico e non o económico.
 
Para máis información, premer no seguinte enlace da nosa páxina web http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=2279(0)

Volver