
A CIG-ENSINO esixiu a modificación da Orde de formación do profesorado. A Consellaría pretendía deixar á marxe do control da formación do profesorado ás Organizacións sindicais.
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría persiste no abandono da formación en portugués e reduce as prazas para formación en linguas estranxeiras.
Despois dun intenso debate a Dirección Xeral de Formación aceptou crear unha comisión en que estarán presentes as organizacións sindicais. A CIG-Ensino esixirá que esa comisión, ademais das funcións de control e seguimento das actividades, debe ter os coñecemento de con quen se subscriben convenios de formación e se se cumpren todos os requisitos para poder certificar a actividade, nun exercicio de total transparencia sobre a formación do profesorado
Formación en linguas estranxeiras:
Nesta Mesa tamén se tratou a orde para a mellora da competencia lingüística en linguas estranxeiras. A CIG-Ensino denunciou que esta orde segue sendo un instrumento para os obxectivos políticos do PP, exclusivamente interesado en formar o profesorado en lingua inglesa para potenciar os centros plurilingües e o trilingüismo mecanismos adoptados no Decreto de uso do galego, declarado ilegal polo TSXG, para reducir a presenza da nosa lingua nas aulas.
A CIG-Ensino reclamou unha maior aposta pola lingua portuguesa. No proxecto presentado pola Admón a oferta de formación en portugués non acada nin sequera o 10 % das prazas (10 sobre 140), cando a Consellaría debería facer unha aposta por unha lingua que, cunha pequena formación, ofrece unha grande competencia lingüística, habida conta da proximidade coa nosa lingua propia. O incremento da oferta de portugués non só sería moi rendíbel formativamente senón que abriría un amplo espazo de comunicación, pois o portugués é unha lingua falada por máis de 200 millóns de persoas e é lingua de 11 estados repartidos por todos os continentes. Por outro lado a aprendizaxe do portugués é un mecanismo de reforzo e prestixio da lingua propia.
A CIG-Ensino criticou a nova redución da oferta nesta formación, un 32% respecto do pasado ano 2012, ano que xa se reducira un 37% respecto de 2011 cando a oferta foi de 325 prazas, practicamente o dobre das 140 convocadas este ano.
|
Prazas ofertadas |
Incremento redución respecto do ano anterior |
Valor porcentual da redución |
2011 |
325 |
|
|
2012 |
205 |
-120 |
-37 % |
2013 |
140 |
-65 |
-32 % |
Nomeamento de Direccións:
Na Mesa tratouse a orde de nomeamento da Direccións. A CIG-Ensino manifestou novamente a súa oposición a este sistema de selección das Direccións, que se agrava na LOMCE, na que a Administración ten a maioría na comisión de selección. A CIG-Ensino reclamou que todo o profesorado poida acceder ao nomeamento de director ou directora, que se valoren os servizos prestados como cargo directivo substituto, que o voto do profesorado na comisión de selección sexa voto delegado da posición maioritaria do claustro do centro, que as persoas candidatas teñan que presentar o seu proxecto ante o claustro e o concello escolar e que os proxectos das persoas candidatas recollan os obxectivos de cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización.
A orde publica a relación de 211 centros en que se convoca a renovación da dirección.
OUTROS TEMAS VARIOS TRATADOS NA MESA SECTORIAL.
Podes acceder á infomación doutros temas tratados na Mesa Sectorial na seguinte ligazón