A CIG-Ensino esixe a retirada da resolución pola que se pretenden regular contratos-programa supostamente para a mellora do éxito escolar

Mesa Sectorial, o martes 24 de maio de 2011. Tratarase o Calendario Escolar e a resolución pola que se estabelecen as bases coas que se regulan os contrato programa e para a selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar

Mesa Sectorial o xoves 19 de maio de 2011. Tratarase o calendario escolar e contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria.

Mesa Sectorial o xoves 19 de maio de 2011. Tratarase o calendario escolar e contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria.

A Consellaría de Educación enviou hoxe a proposta de Resolución pola que se regulan con carácter experimental os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes.

Sen prexuízo dunha análise máis profunda, podemos dicir que estamos ante unha proposta perniciosa para o sistema educativo, un sistema que debe garantir a igualdade de oportunidade para todos e cada un dos cidadáns galegos. Mais a proposta presentada pola Consellaría de Educación é claramente mercantilista e confunde o que debe ser un servizo público cunha mera mercadoría sometida á “produtividade” dos centros. Deste xeito, a Consellaría, no canto de procurar que todos os centros educativos conten cos recursos necesarios para frear o fracaso escolar, establece uns contratos-programa a través dos cales pretende canalizar recursos extras a determinados centros, baseándose na taxa de éxito escolar nos distintos niveis ou etapas, sen ter en conta o tipo de alumnado que escolarizan e a súa extracción social e económica.

A Consellaría de Educación demostra unha vez máis que non concibe a educación como un dereito e que ten unha visión reaccionaria e elitista da educación, a por en marcha contratos-programa para algúns centros, no canto de promover recursos e medios para todos os centros tendo como principio a igualdade de oportunidades, para o que é necesario medidas compensatorias que favorezan que o alumnado con maiores dificultades de calquera índole teña na práctica igualdade de oportunidade, neste sentido o que cumpriría sería un plan contra o fracaso escolar.

Unha resolución como esta incrementa a burocracia para os centros educativos. Ademais mentres se todo isto a bombo e platillo, a Consellaría, na realidade, non realiza as substitucións do profesorado, nin atende as demandas dos centros, con máis de 700 prazas suprimidas neste curso e máis de 600 profesores que imparten materias das que non son especialistas e numeroso alumnado que pasa períodos do curso escolar sen profesorado especialista na materia porque non se cobren as substitucións.

Volver