A CIG-Ensino esixe a realización de revisións anuais a todos/as docentes do ensino público na Galiza

Saúde laboral

O profesorado é o único colectivo que, despois de 13 anos de vixencia da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos e Saúde Laborais, segue sen ter revisións médicas regulares. O artigo 22.1 desta Lei estabelece que o empresario lles garantirá aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo. Amais disto, no artigo 5 insta á Administración para que colabore e promova a mellora da educación en materia preventiva nos diferentes niveis de ensino.

A CIG-Ensino esixe a revisión médica anual aos docentes

O profesorado é o único colectivo que, despois de 13 anos de vixencia da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos e Saúde Laborais, segue sen ter revisións médicas regulares. O artigo 22.1 desta Lei estabelece que o empresario lles garantirá aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo. Amais disto, no artigo 5 insta á Administración para que colabore e promova a mellora da educación en materia preventiva nos diferentes niveis de ensino.

 

Non só se lles está negando a revisión temporal de saúde laboral a un colectivo  de 32 000 docentes senón que as avaliacións de riscos nos centros educativos  están sen facer, os servizos de prevención están sen dotar de persoal, só hai dous técnicos para todos os centros do País e os orzamentos destinados a este fin para o ano que vén son totalmente insuficientes.

 

Ante iso, a Consellaría de Educación non contempla, nin agora nin para o futuro próximo, a posibilidade dunha revisión médica anual do seu persoal docente, cando o resto das Consellarías xa o fan hai tempo.

 

A CIG-Ensino, amais de denunciar a política en materia de prevención de riscos e protección da saúde no traballo da Consellaría de Educación, exixímoslle un compromiso firme para que no vindeiro ano se efectúe a revisión médica anual aos docentes e ás docentes galegos/as, pois, é inaceptábel que sexamos o único corpo de funcionarios/as da Administración galega, que non goce deste dereito básico.

Volver