A CIG Ensino esixe a cobertura inmediata de todo o persoal das escolas infantís “Galiñas Azuis” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
O bo funcionamento do servizo non pode recaer na perda de dereitos por parte das traballadoras e traballadores do Consorcio
É inaceptábel que a mala xestión da Xerencia do Consorcio, ao negarse a abrir as listas de substitucións, tal e como se lle solicitou por parte da CIG en sucesivas ocasións, leve a que traballadoras e traballadores teñan que aprazar as súas visitas médicas ou renunciar a días de asuntos propios para que as Galescolas poidan seguir funcionando dada a escaseza das cadros de persoal dos centros de traballo despois das sucesivas amortizacións de persoal.
Queda reflectido por enésima vez a falta de planificación por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar así como a escaseza dos cadros de persoal das Galescolas.
Desde a CIG Ensino volvemos esixir a apertura inmediata das listas de agarda do persoal das Galescolas. Esta necesidade queda patente cada vez que as traballadoras e traballadores destes centros educativos queren facer uso dos seus dereitos laborais, xa sexa para goce das vacacións, como para concil iación da vida laboral e familiar.