A CIG Ensino esixe a apertura inmediata das listas de agarda do persoal das Galescolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Estase tentando cubrir as necesidades de substitucións mediante o chamamento ao través do INEM e entrevistas persoais

Desde a CIG Ensino volvemos esixir a apertura inmediata das listas de agarda do persoal das Galescolas, esta necesidade queda patente cada vez que as traballadoras e traballadores destes centros educativos queren facer uso dos seus dereitos laborais, xa sexa para goce das vacacións, como para conciliación da vida laboral e familiar ou como para presentarse a exames.

Na CIG Ensino temos constancia de que se están facendo chamamentos ao INEM para tentar cubrir as vacantes de profesorado destes centros, chamamentos que rematan cunha entrevista persoal, inaceptábel para acceder a un traballo na administración.

Aínda así, e dado que non atopan o persoal necesario, van ter que pechar ao menos dúas escolas.

Queda patente outra vez a falta de planificación por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar así como a escaseza das plantillas de traballadoras e traballadores das Galescolas. 

Volver