A CIG-ENSINO e todas as organizacións sindicais permanecen pechados no despacho do Conselleiro de Educación á espera do Conselleiro

Ante a falta de vontade da Consellaría a CIG-Ensino e todas as organizacións sindicais abandonan a Mesa e esixen unha entrevista co Conselleiro de Educación

Hoxe estaba convocada a Mesa Sectorial para tratar, como primeiro punto na orde do día, a anulación do Acordo de 8 de xuño de 2007, para proceder ao incremento do horario lectivo do profesorado, proposta que ten por obxecto reducir o número de profesorado por centro e asignar aos profesorado unha función que non lle corresponde.

Na presentación, a Consellaría admitiu que un dos motivos para realizar esta proposta foi: “incluír a atención aos rapaces nos períodos que van desde a chegada ao centro e desde que rematan as actividades até que é recollido polos seus pais.”. En Primaria e Secundaria.

A CIG-Ensino denunciou que unha proposta tan agresiva coas traballadoras e os traballadores docentes fose realizada con aleivosía e nocturnidade, ás 20 horas dun xoves e a seis día de que remate o curso escolar coa clara pretensión de impedir que se lle dese a resposta que esta prepotencia da Consellaría merece: unha folga.

A CIG-Ensino esixiu desde o primeiro momento que se retirase a orde porque non se pode aceptar que se anule un acordo que foi apoiado por unanimidade no seu día e que é unha das maiores agresións que un traballador, unha traballadora, pode sufrir: que se lle modifique a súa xornada de traballo, unha agresión que se suma a outra anterior a redución salarial, nunha carreira de desprezos continuados contra o profesorado.

A CIG-Ensino denunciou que detrás desta proposta hai un único obxectivo: a redución do profesorado, a aplicación ao ensino público dun ERE, mentres se manteñen e se incrementan os concertos co ensino privado.

A CIG-Ensino denuncia que o fondo da cuestión é unha proposta que quere mandar unha mensaxe de infravaloración da función docente, que traballamos pouco e hai que traballar máis, co obxectivo de desprestixiar o Ensino Público, unha vez máis unha manobra descarada de favorecimento do ensino privado.

Neste momento a CIG-Ensino e todas as organizacións sindicais estamos nas dependencias da Consellaría e a Administración impede o acceso dos medios de comunicación para que poidan falar cos representantes das traballadoras e dos traballadores, mediante un cordón policial.

A CIG-ENSINO e todas as organizacións sindicais permanecen pechados no despacho do Conselleiro de Educación á espera do Conselleiro

Volver