A CIG-Ensino e as demais organizacións sindicais negámonos a realizar a mesa sectorial por mor da retirada do punto sobre a negociación sobre posíbeis agrupamentos de unidades.

Mesa Sectorial do 18 de xuño

Na Mesa sectorial de hoxe, a CIG-Ensino e as demais organizacións sindicais esiximos unha nova convocatoria urxente e inmediata da Mesa para o luns, que finalmente se celebrará ese día ás 12 da mañá, coa orde do día que estaba prevista: a negociación de posíbeis agrupamentos de unidades en Educación Infantil e Primaria e a Orde de avaliación de Educación Infantil e tendo enviado previamente o estudo dos actuais cadros de persoal.
A CIG-Ensino e as demais organizacións sindicais negámonos a realizar a mesa sectorial por mor da retirada do punto sobre a  negociación sobre posíbeis agrupamentos de unidades
 
Na Mesa sectorial de hoxe, a CIG-Ensino e as demais organizacións sindicais esiximos unha nova convocatoria urxente e inmediata da Mesa para o luns, que finalmente se celebrará ese día ás 12 da mañá, coa orde do día que estaba prevista: a negociación de posíbeis agrupamentos de unidades en Educación Infantil e Primaria e a Orde de avaliación de Educación Infantil e tendo enviado previamente o estudo dos actuais cadros de persoal.
A CIG-Ensino manifestou, no inicio da Mesa, o seu rexeitamento á supresión do primeiro punto sobre negociación de agrupamentos, pois un mes despois de que a Consellaría manifestase as súas intencións aínda non se avanzou nada na negociación sobre este tema, cando había ademais un compromiso de retomar a negociación no inicio desta semana.
        En relación coa Orde de avaliación de Educación Infantil, expresamos tamén o noso rexeitamento a que o Decreto de Infantil non se nos entregara até o inicio da Mesa de hoxe. É inaceptábel que se nos convoque a negociar unha orde de avaliación que desenvolve un Decreto que non coñecemos xa que a Consellaría non nolo trasladou en tempo e forma. Ademais manifestamos que a negociación da Orde de avaliación está vinculada tamén á negociación dos criterios de agrupamentos que, desde o noso punto de vista, deben ser previos.
        A CIG-Ensino tamén denunciou a actitude da Administración que reiteradamente leva negociacións importantes ao final do curso para, precisamente, impedir e limitar a nosa capacidade de mobilización, de información e debate ao profesorado.
 
Unha involución máis para o noso idioma no Decreto de Infantil:
 
        É preocupante tanto na Orde como no Decreto de Infantil a involución a respecto do noso idioma. Os novos textos contradín o actual Decreto 124/2007 en vixencia. O anterior Decreto de Educación Infatil dicía que: “Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado progrese no coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá.” fronte ao novo texto que só recolle: “Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa.” De persistir esta modificación a CIG-Ensino vai apresentar recurso por infrinxir o actual Decreto de Normalización Lingüística continúa en vixencia.

Volver