A CIG-Ensino e a AS-PG organizan as XIII Xornadas da Muller: Identidade Sexual, Homofobia e Violencia de Xénero

Desenvolveranse este sábado 5 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago

A escola ten a responsabilidade de cuestionar roles e estereotipos tradicionais con tendencias reducionistas, fomentando un pensamento crítico, transformador de valores caducos e inxustos para as mulleres. Por todo isto a CIG-Ensino e a AS-PG organizan as XIII Xornadas da Muller: Identidade Sexual, Homofobia e Violencia de Xénero que teñen como obxectivos transmitir ao profesorado a importancia de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero e proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas. As xornadas desenvolveranse este sábado 5 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago.



PROGRAMA


9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material


10:00-11:00 h. Saír do círculo é posible!


Marta Rodríguez Engroba, presidenta da Asociación lucense contra a violencia de xénero “Si, hai saída”.
Propostas para identificar, previr e saír de situacións de malos tratos.


11:00-12:00 Transformando a sociedade.


Cristina Palacios, presidenta da Asociación ARELAS. Aínda que a educación afectivo-sexual foi introducida a nivel formal no sistema educativo nas últimas décadas, a realidade e a diversidade sexual aínda é descoñecida para a maioría e un reto para a escola.

12:00-14:00 h. Xéneros e relacións 2.0.

Ianire Estébanez, Psicóloga, experta en violencia de xénero
A desigualdade e a violencia de xénero está actualizándose entre as xeracións máis novas a golpe de click, en comportamentos sutís, disfrazados e virtualizados, pero co mesmo fondo sexista. Analizaremos cómo se está relacionando afectiva e sexualmente a xente nova, qué desigualdades se aprecian nas súas relacións e profundaremos en entender a ciberviolencia e o ciberacoso con unha perspectiva de xénero.

16:00-18:00 h. Diversidade sexual e igualdade, algo máis que palabras.

Marián Moreno Llánez, asesora e formadora en temas de coeducación.
A educación para a igualdade é a base para previr a violencia contra as mulleres e contra as persoas LGTB. Só recoñecendo a necesidade e a importancia da coeducación, poderemos dotarnos de recursos para levar á aula. Esta intervención pretende, propoñer estratexias concretas para traballar a igualdade e o respecto á diversidade sexual nas aulas, todas elas baseadas na experiencia profesional da relatora, aberta a compartir dúbidas, obstáculos e recursos.

18:00-20:00 h. As trampas do romanticismo: o amor romántico como idea irracional.

Iria Veiga, Médica-Psiquiatra.

Analizamos a idea do amor romántico, o seu desenvolvemento histórico e a súa relación cos roles e a violencia de xénero, dende a perspectiva da psicoloxía cognitivo condutual, identificando ideas irracionais e conceptos que a soportan e a perpetúan, como estrutura que forma parte do sistema de opresión heteropatriarcal sobre as mulleres.

Volver