A CIG-Ensino denuncia que se trata dunha nova agresión a normalización da nosa lingua

A CIG rexeita e esixirá a retirada do proxecto de Decreto

A CIG-Ensino denuncia que as liñas xerais do Decreto presentadas hoxe pola Consellaría de Educación, estaán ideadas para afastar o noso idioma dos centros de ensino e procurar o seu descoñecemento entre a mocidade, é un retroceso sen precedentes. Por primeira vez na historia da nosa lingua, un goberno galego atenta abertamente contra o proceso de normalización na educación procurando un retroceso efectivo respecto da normativa en vigor. Fixa por primeira vez a obrigatoriedade de impartir as Matemáticas e a Física e Química e español.
A CIG rexeita e esixirá a retirada do proxecto 
de Decreto contra o noso idioma
A CIG-Ensino denuncia que as liñas xerais do Decreto presentadas hoxe pola  Consellaría de Educación, estaán ideadas para afastar o noso idioma dos centros de ensino e procurar o seu descoñecemento entre a mocidade, é un retroceso sen precedentes. Por primeira vez na historia da nosa lingua, un goberno galego atenta abertamente contra o proceso de normalización na educación procurando un retroceso efectivo respecto da normativa en vigor. Fixa por primeira vez a obrigatoriedade de impartir as Matemáticas e a Física e Química e español.
O Partido Popular afonda na súa política de fobia contra o galego e realiza unha ra involución manifesta para o noso idioma, despois de vinte e sete anos de Lei de normalización lingüística.
Todas as consultas realizadas foron un auténtico fraude. A Consellaría non atendeu ás recomendacións que desde as distintas instancias: sindicatos, profesorado, universidades, traballadores da normalización, mesmo a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura, se lle trasladaron, pois todas elas viñeron a confluír nun punto común: o desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da lingua galega aprobado por unanimidade do Parlamento galego hai seis anos.
Ben ao contrario, a Consellaría ignora intencionadamente o devandito Plan, desprezando o traballo realizado polas comisións que nel traballaran no seu día e o significado da súa aprobación, que foi, nin máis, nin menos, que o apoio do pobo galego a este documento que gozou do máximo consenso da historia da lingua. Este borrador de Decreto bota por terra as valoracións dos expertos en canto á idoneidade de que a materia de matemáticas, fose unha das impartidas en galego, en tanto en canto a nosa lingua precisa de ser lingua vehicular de materias de recoñecido prestixio, como estratexia para mellorar a valoración social do noso idioma e traballar na erradicación da diglosia. Por está mesma razón se fixaba tamén a impartición da fisica e química en galego
Esta actitude vén ser tamén un desprezo aos esforzos do profesorado que durante anos e anos procurou coa súa entrega e dedicación facerse coa formación necesaria para impartir docencia en galego. Como podemos explicar que máis de trinta anos despois de que algunhas profesoras e profesores comezasen dar as súas aulas de matemáticas en galego, cando se acadara que fose recollido no Decreto que regula o uso do noso idioma, o que significou un avance importante, hoxe o goberno que representa ás galegas e aos galegos elimine esa conquista?.
Esta teima en reducir a presenza do noso idioma no ensino ten como obxectivo fundamental afastar a mocidade do coñecemento do seu idioma propio e da súa realidade identitaria. Esta situación dará lugar á perda de dereitos dos galego falantes, tanto do alumnado, que se verá privado de contar cunha presenza axeitada do noso idioma nas aulas, como de nós mesmos e os cidadáns do futuro, que non temos garantida a atención nin o futuro do noso idioma.
Só a mala conciencia e covardía de quen sabe que actúa en contra o noso sinal máis importancia como galegos pode presentar un proxecto de decreto desta importancia un sábado. Unha vez máis tamén fracasaron do intento de evitar a resposta social. Máis de dúas mil persoas concentrámonos hoxe diante da Xunta para rexeitar este novo atentado contra o galego.
A CIG-Ensino seguirá a esixir que non se produza ningún retroceso na presenza do noso idioma. Neste sentido, vén desenvolvendo unha campaña, no seo da Plataforma Queremos Galego, mediante a cal o profesorado galego está a declarar a súa vontade de seguir a dar as súas aulas en galego.

Volver