A CIG Ensino denuncia que a perda do 20% do orzamento para as axudas aos ENL se vai traducir en que moitos centros non poidan levar a cabo os proxectos deseñados

Axudas Equipos de Normalización Lingüística

A CIG-Ensino denunciara no seu día a redución do orzamento destinado aos Equipos de Normalización Lingüística que viña a ser dun 20 %, así fronte ao millón de euros asignados para o curso 2008-2009, no presente curso a partida orzamentaria soamente acadaba os 800.000€. A CIG-Ensino vén denunciando neste curso escolar a deixadez e o menosprezo da Consellaría de Educación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística cos Equipos de Normalización, incumprindo a súa función de velar pola normalización lingüística nos centros. Así o atraso na convocatoria de axudas, o que impediu que os centros puidesen iniciar as actividades normalizadoras co inicio do curso, perdéndose un trimestre de actividade. Logo viu o atraso na comunicación da cantidade concedida, que non chegou até que se iniciou o terceiro trimestre, co que unha vez máis os centros tiveron importantes dificultades para levar a cabo proxectos no segundo trimestre do ano. En conclusión, dous trimestre sen que os centros non contaron con recursos para realizar a necesaria actividade normalizadora.
A CIG Ensino denuncia que a perda do 20% do orzamento para as axudas aos equipos de normalización se vai traducir en que moitos centros non poidan levar a cabo os proxectos deseñados, ao diminuír sensibelmente a asignación deste ano
 
A CIG-Ensino denunciara no seu día a redución do orzamento destinado aos Equipos de Normalización Lingüística que viña a ser dun 20 %, así fronte ao millón de euros asignados para o curso 2008-2009, no presente curso a partida orzamentaria soamente acadaba os 800.000€.

A CIG-Ensino vén denunciando neste curso escolar a deixadez e o menosprezo da Consellaría de Educación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística cos Equipos de Normalización, incumprindo a súa función de velar pola normalización lingüística nos centros
. Así o atraso na convocatoria de axudas, o que impediu que os centros puidesen iniciar as actividades normalizadoras co inicio do curso, perdéndose un trimestre de actividade. Logo viu o atraso na comunicación da cantidade concedida, que non chegou até que se iniciou o terceiro trimestre, co que unha vez máis os centros tiveron importantes dificultades para levar a cabo proxectos no segundo trimestre do ano. En conclusión, dous trimestre sen que os centros non contaron con recursos para realizar a necesaria actividade normalizadora.

Cando finalmente chega a comunicación das axudas, os centros comproban con preocupación o moito que se reduce o orzamento aprobado con respecto aos anos anteriores, o que vai impedir a realización das actividades deseñadas, e a redución do previsto a practicamente un tercio do que se quería facer. A adxudicación pon en evidencia que a partida establecida é absolutamente insuficiente, pois o valor
económico por punto para calcular o financiamento xeral dos proxectos, baixou significativamente respecto da anterior convocatoria, pois se para os centros que non acadan a puntuación de 20 no “parcial de calidade”, o ano pasado o valor económico que se aplicaba á puntuación final obtida era de 79 €, este ano é soamente de 55,5 €, o que se traduce que centros que acadan unha puntuación de 11,6 puntos, deixan de percibir 272€, diferencias que se van incrementando conforme a valoración é máis alta, e así centros con 18 puntos deixan de percibir este ano, respecto do ano pasado, 423€.

A CIG-Ensino vén reclamando que os Equipos de Normalización conten cun orzamento propio
, tal e como acontece co resto dos departamentos escolares, e non que dependan de axudas que varían en función dos criterios de valoración, subxectivos, das persoas que forman unha comisión, o que fai que un centro que o ano pasado tivo unha puntuación de 22 e por tanto un orzamento de 2000€, este ano non supere os 17,5 puntos, polos que percibe soamente 1121€, a metade dos ingresos do pasado ano. Esta proposta foi realizada na Mesa Sectorial en que se tratou o Regulametno Orgánico das Escolas de Idiomas e dos Conservatorios, e seguiremos presentándoa nas mesas en que se trate todo o relacionado cos .Equipos de normalización.

A CIG-Ensino, ante unha evidencia máis do ataque contra a nosa lingua, esixe que incrementen as partidas orzamentarias destinadas a normalización lingüística nos centros e, que se revisen determinadas partidas orzamentarias para que os seus fondos sexan empregados para que os centros poidan levar á práctica moitas actividades de promoción do noso idioma e que hoxe se vén obrigados a cancelar. En concreto, propoñemos que o millón de euros destinado a publicitar unha proposta de Decreto rexeitada polo conxunto das galegas e os galegos, sexan destinados ao que en xustiza corresponde: a normalización e potenciación da nosa lingua.

Volver