A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría se nega a negociar a estabilidade do profesorado interino

Mesa sectorial 13-04-10

Na Mesa Sectorial de hoxe, 13 de abril, tratábase, en primeiro lugar, a modificación do Acordo de 95 sobre cobertura de interinidades e substitucións para recoller as modificacións lexislativas que teñen que ver coa obrigatoriedade de contar co máster e dar cumprimento a varias sentenzas que determinan que se pode estar nas listaxes de dúas especialidades. A CIG-Ensino reclamou que se se procedía á modificación do Acordo do 95, entón debería negociarse o tema fundamental e de maior preocupación neste momento: a estabilidade do profesorado. A CIG entende que se trata dun tema prioritario, dado que neste momento hai moito profesorado con moitos anos de servizo como interino que está a realizar substitucións, profesorado con máis de 20 anos de servizo que ve perigar o seu posto de traballo ou profesorado que non ten a titulación requirida neste momento por mor dos cambios lexislativos destes anos. Fronte á demanda da CIG e da maioría das organizacións sindicais na Mesa a Consellaría negouse a iniciar as negociacións sobre a estabilidade.
A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría se nega a negociar a estabilidade do profesorado interino
 
Na Mesa Sectorial de hoxe, 13 de abril, tratábase, en primeiro lugar, a modificación do Acordo de 95 sobre cobertura de interinidades e substitucións para recoller as modificacións lexislativas que teñen que ver coa obrigatoriedade de contar co máster e dar cumprimento a varias sentenzas que determinan que se pode estar nas listaxes de dúas especialidades. A CIG-Ensino reclamou que se se procedía á modificación do Acordo do 95, entón debería negociarse o tema fundamental e de maior preocupación neste momento: a estabilidade do profesorado.
A CIG entende que se trata dun tema prioritario, dado que neste momento hai moito profesorado con moitos anos de servizo como interino que está a realizar substitucións, profesorado con máis de 20 anos de servizo que ve perigar o seu posto de traballo ou profesorado que non ten a titulación requirida neste momento por mor dos cambios lexislativos destes anos. Fronte á demanda da CIG e da maioría das organizacións sindicais na Mesa a Consellaría negouse a iniciar as negociacións sobre a estabilidade.
 
Na Mesa de hoxe tamén se trataba a modificación da orde que establece os postos de difícil desempeño, cuestión que a CIG viña reclamando desde hai anos, ao quedar obsoleta a clasificación anterior. A nova orde recollerá que son centros de difícil desempeño os centros de Educación permanente de adultos dos Centros Penitenciarios, os Centros de Educación Especial, os centros que conten con unidades específicas de Educación especial e as unitarias que non pertenzan a un Colexio Rural Agrupado. A CIG reclamou que, en todo caso, esta puntuación se lle considere ás persoas que accedan a estes postos a través dun procedemento público, cuestión que a Consellaría non aceptou. Si aceptou outra demanda da CIG pola cal estudará a posibilidade de manterlle a puntuación ás persoas que están destinadas nos centros que antes desta orde se consideraban de difícil desempeño até que reúnan as condicións para poder concursar voluntariamente.
 
Finalmente sinalar que a CIG trasladou, no apartado de Rogos e preguntas, varias cuestións de importancia neste momento. Así reclamamos que se informe aos centros canto antes de cales van ser os ciclos que se implanten o vindeiro curso e que se forme ao profesorado que ten que impartilos ou que os centros se doten cos recursos necesarios. Tamén denunciamos o que está acontecendo cos comedores escolares, tanto no relativo á supresión de máis de 60 postos de traballo e á privatización do servizo a través de cáterings, como no atraso no pago dos gastos correntes aos comedores, coas repercusións que isto ten no servizo.
 
Para rematar, a CIG  reclamou que constase en acta a súa queixa pola actitude antinegociadora do actual equipo da Consellaría de Educación e pola utilización partidista e con afán de manipulación da opinión pública que está a facer da web institucional da Consellaría centrada nas últimas semanas en procurar condicionar a opinión pública en relación co Decreto contra o galego, terxiversando as informacións sobre o sucedido no Consello Escolar, por exemplo.


Orde do día:        (CONSULTA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A CADA PUNTO DA ORDE DO DÍA)
 
1 Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 25 de febreiro

Volver