A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de educación segue desviando fondos á privada a través da orde de centros plurilingues

Privatización do ensino

Onte fíxose público no portal web da Consellaría de Educación a relación provisional de centros que pasan a integrar a rede de centros plurilingües. Malia ser provisional e modificábel, unha vez máis compróbase que o obxecto desta orde é, xunto coa redución de horas a impartir no noso idioma, o desvío de fondos á privada.

A CIG Ensino denuncia que dos centros excluídos a maioría son centros públicos, nunha proporción de 75% de centros públicos, fronte a 25% privados. Os privados excluídos, sono por incumprimento de prazos ou renuncia. Os centros públicos aos que se lles require documentación, poderán presentala até o 18 de xullo.

Se se comparan as solicitudes realizadas polos centros para este programa e para as seccións bilingües, verase que os centros optan maioritariamente por esta segunda modalidade, que realmente é moito máis acaída e menos tendenciosa, unha modalidade de aprendizaxe de idiomas que entre outras cuestións parte da base de que un dos idiomas oficiais será lingua de acompañamento na aprendizaxe da materia (a CIG-Ensino reclamou na Mesa Sectorial que esa lingua fose o galego). Así, segundo os datos da propia Consellaría, mentres o 3,2% dos centros galego solicitan acollerse á Orde de centros plurilingües, un 18% solicitaron acollerse ás seccións bilingües.

Unha vez máis compróbase que son os centros privados os que maioritariamente entran no programa de Centro Plurilingües, máis dun 7% dos centros privados (11% en 2010), fronte ao escaso 1,21 dos centros públicos (3,5% o ano pasado), e que o fan propoñendo o maior número de horas posíbeis e propoñendo en moitos casos materias de obrigada impartición en galego, o que demostra a tendenciosidade desta orde como ten denunciado a CIG-Ensino. Como podemos ver no cadro inferior, máis do 62% dos centros privados que solicitaron o programa propoñen impartir máis dunha materia en inglés, sendo esta coñecemento do medio en máis dun 37% dos centros privados. A CIG-Ensino xa esixiu no seu día que a Consellaría comprobase se neses centros se estableceu outra materia da mesma carga horaria para ser impartida na nosa lingua. A resposta entón e hoxe é que, moi posibelmente, non, considerando o seu posicionamento continuado contra o noso idioma, pois cando na mesa sectorial a orde dos centros plurilingües pasou a definitiva non se deron contas dos resultados deste ano de aplicación experimental.

O estudo dos datos dános o seguinte balance (estudo porcentual):

Centros admitidos, respecto do número total de centros do país

Centros excluídos

Imparten C. Medio en inglés

Imparten máis dunha materia en inglés

2011

Públicos

Privados

Públicos

Privados

Públicos

Privados

Públicos

Privados

A Coruña

1,78

4,90

80,00

20,00

Lugo

0,52

8,33

0,00

0,00

Ourense

1,26

11,36

0,00

0,00

Pontevedra

1,51

7,50

66,67

33,33

Galiza

1,21

7,05

75,00

25,00

5,00

37,04

37,5

62,5

Datos de 2010

Galiza

3,5

11

24,2

37,5

24,2

75

Volver