A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría de Educación pretende suprimir postos de traballo imprescindíbeis

Defensa do ensino público

CIG-Ensino denuncia a pretensión da Consellaría de Educación de suprimir profesorado imprescindíbel nos centros educativos para o curso que vén. Estas supresións afectarían ao funcionamento dos centros, tanto no referente á organización, como á prestación dunha atención máis individualizada a un alumnado cada vez máis diverso.

A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría de Educación pretende
suprimir postos de traballo imprescindíbeis

 

A CIG-Ensino denuncia a pretensión da Consellaría de Educación de suprimir  profesorado imprescindíbel nos centros educativos para o curso que vén. Estas supresións afectarían ao funcionamento dos centros, tanto no referente á organización, como á prestación dunha atención máis individualizada a un alumnado cada vez máis diverso.

 

Os centros educativos están recibindo presións desde as inspeccións para reducir o profesorado e así, estanlles comunicando estes días que, non só non lles van conceder as prazas que solicitan para poder completar os horarios, senón que mesmo se van realizar supresións de postos de traballo necesarios, así, por exemplo, no IES Manuel Antonio de Vigo, 6 supresións, IES Ricardo Mella de Vigo, 5 supresións, IES de Teis en Vigo, 6 supresións, IES Pazo da Mercé das Neves (que aumenta de alumando ao suprimirse o 1º ciclo da ESO en Arbo), 2 supresións, IES de Monterroso, 4 supresións, etc. Ademais, estase anunciando, mesmamente, a imposibilidade de impartir determinadas optativas, malia teren alumnado suficiente.

 

Ademais, preténdese a redución de postos docentes claves na atención á diversidade do alumnado (profesorado de Pedagoxía Terapéutica –PT- e de Audición e Linguaxe –AL, caso do CEIP Santa Baia de Boiro) ou dos apoios ás direccións nos centros de Infantil e Primaria, xustamente cando se sobrecarga os equipos directivos con traballos burocráticos cada vez maiores, como a tramitación da gratuidade dos libros de texto, e a tramitación do Fondo de Acción Social, ao tempo que non se dotan os centros co persoal administrativo necesario.

 

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría só está preocupada de facer propaganda e vender proxectos ultramodernos, que non son máis que fume, mentres adopta decisións que afectan negativamente ao Ensino Público, pois non facilitarán atender as necesidades educativas dos centros, como se comproba cos datos anteriormente achegados. Ademais, isto vai ter consecuencias laborais para o profesorado. A CIG-Ensino non vai permitir estas supresións e prevé un inicio de curso conflitivo e con mobilizacións se ao final se efectiviza esta redución de postos docentes.

Volver