A CIG-ENSINO denuncia desequilibrios nas probas de avaliación de diagnóstico para a ESO

A CIG-Ensino faise eco das denuncias recibidas do profesorado de desequilibrios nas probas de competencia lingüística na avaliación de diagnóstico dirixidas ao alumnado da ESO.

Na proba de competencia, en comunicación lingüística, o alumnado debe ler un texto en galego e outro en castelán respondendo a varias preguntas sobre cada un dos textos. O texto en galego é un fragmento da novela de Agustín Fernández Paz, Cartas de Inverno, sobre o que o alumando debe responder cuestións como: significado da expresión “picando a curiosidade” no texto, campo semántico das palabras “estrañeza” e “desconcerto”, etc, é dicir, trátase dun texto acaído, dunha tipoloxía coa que o alumnado de 2º da ESO está afeito a traballar e con preguntas axeitadas ao texto e á idade do alumnado. No caso do texto en castelán, trátase dun texto titulado Internet, "la carcoma de las fronteras", unha publicación da web da Casa das Ciencias, un texto científico sobre o que se presentan cuestións tales como que realice un esquema sobre o nacemento e a evolución de internet a partir da información do texto ou que enumere aspectos negativos ou positivos da internet. Neste caso, trátase dun tipo de texto co que aínda non se traballa en 2º da ESO e cunhas preguntas con enunciados máis complexos en canto á formulación e ao vocabulario empregado (arpanet, TCP/IP), enunciados destinados fundamentalmente a pedir unha valoración sobre Internet e non a responder a cuestións concretas relacionadas coa lingua.

Volver