A CIG-Ensino denuncia a actitude antidemocrática do Inspector de Educación en Tui, ante o caso do CEIP de Randufe.

A CIG lembra que o Decreto 79/2010 non pode ser aplicar

O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe tomou no seu día o acordo de que todos os boletíns do Equipo sexan publicados, entregados a pais e nais e expostos no taboleiro que o Equipo ten a tal fin. Recentemente, e de acordo co funcionamento habitual do Equipo, foi colocado o boletín no taboleiro despois de ser entregado a todos os pais e nais. O boletín reproducía na súa contraportada unha viñeta alusiva ás inclinacións anglófilas do presidente da Xunta publicada nunha revista de humor galega, no contexto do rexeitamento ao novo Decreto de Plurilingüismo. O Equipo de normalización, do que forma parte o Director do centro aprobara o boletín. Despois de distribuído e exposto no taboleiro, o Director, ante a queixa dun só pai e sen sometelo á consideración do Equipo de Normalización ou do Claustro, toma a decisión unilateral de retirar o boletín e posteriormente informa de que o fixo.
A CIG-Ensino denuncia a actitude antidemocrática do Inspector de Educación en Tui, ante o caso do CEIP de Randufe
A CIG-Ensino lembra que o Decreto 79/2010 non pode ser aplicado no presente curso escolar

O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe tomou no seu día o acordo de que todos os boletíns do Equipo sexan publicados, entregados a pais e nais e expostos no taboleiro que o Equipo ten a tal fin. Recentemente, e de acordo co funcionamento habitual do Equipo, foi colocado o boletín no taboleiro despois de ser entregado a todos os pais e nais. O boletín reproducía na súa contraportada unha viñeta alusiva ás inclinacións anglófilas do presidente da Xunta publicada nunha revista de humor galega, no contexto do rexeitamento ao novo Decreto de Plurilingüismo. O Equipo de normalización, do que forma parte o Director do centro aprobara o boletín. Despois de distribuído e exposto no taboleiro, o Director, ante a queixa dun só pai e sen sometelo á consideración do Equipo de Normalización ou do Claustro, toma a decisión unilateral de retirar o boletín e posteriormente informa de que o fixo.
Ante isto, a Xunta de Persoal docente de Pontevedra, por proposta da CIG-Ensino adoptou unha proposta de resolución en que acorda:
1. Rexeitar a actuación da dirección do CEIP Randufe de Tui pola que retirou dun taboleiro do centro un boletín redixido e aprobado polo ENDL.
2. Defender o seu dereito á liberdade de cátedra.
3. Amparar o dereito da comunidade escolar de recibir libremente información
veraz por calquera medio de difusión.
4. Esixir que se repoña inmediatamente por parte da dirección o boletín no seu
lugar.

Pois ben, ao mesmo tempo que se emitía esta resolución o inspector de Educación José Antonio Fraga Boullosa asinaba unha comunicación para o CEIP de Randufe que a CIG valora como unha invitación ao autoritarismo. Na súa resposta o inspector insta ao director a que tome medidas de todo o que entenda como contrario ao “ordenamento jurídico” (sic), ante a presunción de que poida haber actos, que non se especifica que actos poden ser, que puidesen ser considerados faltas. Esta resposta de Fraga Boullosa é unha invitación a que, ante unha presunción non xustificada, un director ou directora poida tomar unha decisión que vulnere os acordos dun equipo docente ou censure previamente calquera información que só el ou ela non consideren apropiada. Mais non debería estrañarnos esta invitación á persecución e ao autoritarismo en quen foi Delegado de Educación de Pontevedra nomeado polo Partido Popular e que, durante o seu mandato, colleitou numerosas críticas e peticións de dimisión pola súa actitude ditatorial e por mostrar clara preferencia por quen compartía súas ideas.
Fraga Boullosa erra gravemente nesta resposta en que, ademais, dá a súa opinión persoal subxectiva, contribuído a avivar o conflito interno do centro en lugar de procurar a súa resolución, sen entrar no fondo da cuestión: a decisión unilateral dun director que, sen consultar co claustro nin o Equipo de Normalización, adopta unha decisión que afecta aos seus compañeiros e compañeiras de centro, afondando nunha actuación que temos que considerar como contraria á nosa lingua. A CIG-Ensino remitirá un escrito ao Conselleiro de Educación para que se retire este escrito de Fraga Boullosa do 21 de maio de 2010.

Por outro lado a CIG-Ensino manifesta o seu rexeitamento a que a ANPA do colexio dos Salesianos de Lugo pretenda vulnerar o recollido no Proxecto curricular do centro, no seu Plan anual e no seu Plan de Normalización Lingüística, que están en vigor até o remate do curso: 30 de agosto, ao transmitir a mensaxe falso de que o Decreto 79/2010 pode ser aplicado xa nos centros educativos. A CIG-Ensino lembra que se este Decreto se aplicase contraviría os documentos que regulan a organización educativa dos centros creando situacións irregulares e que a súa publicación do Decreto 79 e a súa entrada en vigor o día 26 de maio non significa que poida ser executado e aplicado. Neste sentido instará a Xefatura provincial e á inspección de Lugo a que faga cumprir o recollido no Proxecto Curricular do Centro e no seu Plan de Normalización.

Volver