A CIG-Ensino consegue que a Consellaría nomee persoal substituto dos asistentes aos cursos de saúde laboral ademáis de modificar o horario dos mesmos

Saúde Laboral

Despois das demandas e xestións feitas pola CIG-ENSINO para que se nomeasen substitutos e substitutas para que os delegados e delegadas de prevención puidesen asistir ao curso programado de prevención de riscos laborais, a Consellaría de Educación mudou a súa proposta inicial e comprométese a nomear substitutos e substitutas para que se poida asistir ao curso. Para mirar os novos horarios e días do curso entra na páxina.

 SAÚDE LABORAL

Despois das demandas e  xestións feitas pola CIG-ENSINO para que se nomeasen  substitutos e substitutas para que os delegados e delegadas de prevención  puidesen asistir ao curso programado de prevención  de  riscos laborais , a Consellaría de Educación mudou a súa proposta inicial  e comprométese a nomear substitutos e substitutas  para que se poida asistir ao curso. 

Podes consultar os novos horarios do curso pinchando aquí.

Reproducimos a continuación o escrito remitido pola CIG-Ensino á Secretaría Xeral:

Sr. Secretario Xeral:

 

A Consellaría de Educación vén de convocar o primeiro curso básico para as/os delgadas/os de prevención de riscos e saúde laboral. Estes cursos constan de 50 horas e segundo o artigo 19 da Lei de Prevención de Riscos Laborais teñen que ser realizados dentro da xornada de traballo.

 

É incompresíbel que a Consellaría deseñe este curso coa intención de non nomear substitutos e substitutas para cubrir os postos dos/das docentes que asistan aos mesmos, xa que propón realizalos en días alternos a partir do 19 de novembro, de maneira que o profesorado que é delegado/a de prevención ten que decidir entre asistir ao curso ou deixar o alumnado a cargo do/da profesor/a de garda, durante as 50 horas.

 

É inxustificábel que despois de 12 anos (1995) de estar en vixencia a Lei de Riscos Laborais e de ser de obrigado cumprimento tamén para a Consellaría de Educación, aínda non realizara ningún curso de formación. Soamente, desde hai dous anos, se iniciaron tímidos pasos constituíndo os Comités de Prevención e o Servizo de Prevención e Saúde Laboral. Os/as delegados/as levan este tempo traballando sen ningún tipo de formación que, obrigatoriamente, lles ten que proporcionar a Consellaría de Educación. Agora que, por fin, convoca os primeiros cursos, faino dun xeito que inviabiliza a asistencia aos mesmos.

 

A CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación a revisión das datas dos cursos e o compromiso de nomear substitutos/as para que os/as docentes delegados/as de prevención poidan asistir sen dificultades a estes, xa que a Consellaría está obrigada a formalos para que poidan realizar as funcións que están contempladas na Lei de Prevención de Riscos Laborais.

 

Santiago, 13 novembro de 2007

 

 

 

 

 

 

Anxo Louzao Rodríguez

Secretario Nacional da CIG-ENSINO

Volver