
A CIG-Ensino consegue que a Consellaría acepte dúas propostas para o calendario escolar: que o mércores de cinza non sexa lectivo e que o curso en Secundaria comece o 17 de setembro
A administración comprometeuse a estudar as proposta da CIG-Ensino de incorporar o 24 de febreiro día de Rosalía e o 25 de novembro día en contra da violencia de xénero na Mesa Sectorial da que forman parte tamén CCOO, UGT e ANPE
Información da mesa Sectorial.
CIG Informa con toda a información sobre o Calendario Escolar
CIG Informa cos varios tratados na mesa sectorial
No relativo ás conmemoracións a CIG-Ensino propuxo que no calendario existente se recollesen o día 24 de febreiro, Día de Rosalía, o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, e 10 de marzo, Día da clase obreira galega. Tras a nosa insistencia a Consellaría comprometeuse a estudar as datas do 25 de novembro e do 24 de febreiro.
A CIG fixo fincapé tamén na importancia de que se variasen as datas do período de descanso de Semana Santa, de xeito que se inicie o xoves santo, 28 de marzo, e se prolongue durante a semana seguinte até o día 5, tal e como xa sucede nalgunha localidade do país. Esta proposta da CIG-Ensino equilibraría a duración dos trimestres entre si, evitando que o terceiro trimesetre sexa especialmente curto en comparación cos anteriores.
A CIG-Ensino foi contundente á hora de reclamar que se restitúa en Primaria a xornada reducida de xuño e setembro. A CIG-Ensino valora que este é o momento para recuperar unha xornada que no seu día foi moi maioritariamente reivindicada, cunha folga histórica e un referendo. Ademais dos motivos pedagóxicois que aconsellan manter este tipo de xornada, que de feito foi restiuída en comunidades en que fora eliminada. A CIG-Ensino congratúlase de que todas as organizacións presentes na mesa reivindiquen agora a xornada reducida en xuño e setembro, despois de ter asinado coa Consellaría, no seu día, a eliminación deste tipo de xornada.
A CIG-Ensino tamén reclamou que se amplíe o período de adaptación para o alumnado de 3 anos até o 30 de setembro, pois se trata dunha etapa en que pode haber 25 alumnos/as por aula e entre eles nenos ou nenas que nunca tiveron atención educativa.
Respecto das Ensinanzas especiais e FP a CIG-Ensino propuxo que o curso comece cando rematen as actividades previas ao inicio de curso, de tal xeito que non haxa alumnado que se estea matriculando co curso comezado e incorporándose ás aulas con materia xa impartida.
O calendario escolar queda como segue:
Inicio de curso | Remate | Nadal | Semana Santa | Entroido | |
Primaria | 12/09 | 21/06 | 24/12 – 7/01 ambos os dous inclusive | 25/03 – 01/04 ambos os dous inclusive | 11, 12 e 13/02 |
Secundaria | 17/09 |
Propostas da CIG-Ensino á Orde de calendario:
Artigo 5, Inicio das actividades lectivas: no caso de Secundaria a data proposta ten unha serie de problemas, o día 10 entréganse as notas e remata a matrícula e preténdese que o 16 comecen as clases. As aulas non poden comezar como mínimo até o 17, recibimos moitas queixas dos directores porque é inviábel.
En relación coas ensinanzas especiais e a FP, desde o noso punto de vista as aulas non poden comezar até que remate o período de matrícula, porque iso provoca que haxa alumnado que comeza máis tarde e con materia dada. Antes do 25 de setembro é imposíbel, pedimos que esa data nestas ensinanzas quede aberta. Nas EEOOII hai as probas de avaliación e non dá tempo a iniciar de curso nesa data.
Artigo 6: período de descanso de Semana Santa do 28 de marzo ao 7 de abril e mércores de cinza festivo.
Artigo 8: recoller 24 de febreiro, día de Rosalía, e 10 de marzo, día da clase obreira galega e o 25 de novembro, día para a erradicación da violencia de xénero.
Artigo 10.2. unha das cuestións que vimos demandando que o transporte escolar en ningún caso debe condicionar a xornada escolar, que ten que ter en conta rendemento, cuestións pedagóxicas, etc. Mais non o transporte.
Artigo 10.3. recoller a xornada reducida: “nos períodos comprendidos entre os días 12 de setembro e 1 de outubro de 2011 e entre os días 1 e 22 de xuño de 2013 estabelecerase a xornada lectiva de catro horas en horario matinal nos centros que impartan educación infantil ou educación primaria, ou infantil e primaria, ou primaria e secundaria obrigatoria, ou infantil, primaria e secundaria obrigatoria, ou educación especial. Garantindo os servizos de comedor e transporte neste período.”
Artigo 11.1 sobre o desenvolvemento da xornada despois de finalizadas as aulas, que se recolla o mesmo que en Primaria nas demais etapas e ensinanzas.
Artigo 12: actividades de final de curso, sobre todo nas EEOOII, que se adaptará de xeito que se permita a realización das probas, como en 2º de Bacharelato.
Artigo 12.4.2. horario do profesorado ao rematar sa FCT, parécenos máis axeitado que se recollese como hai catro anos. Mais nunca que o profesorado sexa usado para cubrir baixas doutros docentes, como se pretendeu este ano.
Disposición adicional primeira: sobre modificación calendario polos comedores escolares, ten que se re por cuestións extraordinarias.
Disposición adicional segunda: período de adaptación: vimos demandando a súa ampliación a todo o mes de setembro, hai que dar o tempo de adaptación necesario considerando que hai nenos que nunca estiveron escolarizados.
CIG Informa con toda a información sobre o Calendario Escolar
CIG Informa cos varios tratados na mesa sectorial
Información previa á mesa Sectorial.
A proposta é a que segue:
| Inicio de curso | Remate | Nadal | Semana Santa | Entroido |
Primaria | 12/09 | 21/06 | 22/12 – 8/01 ambos os dous inclusive | 25/03 – 01/04 ambos os dous inclusive | 11/02 – 12/02 ambos os dous inclusive |
Secundaria | 14/09 |
A Consellaría fixou como Día do Ensino, non lectivo, o 2 de novembro.
Podes consultar o borrador completo na seguinte ligazón e a orde do día aquí
Na Mesa Sectorial a CIG-Ensino defenderá, entre outras, as seguintes propostas:
- A modificación do período de descanso da Semana Santa, para que se inicie o xoves santo, 28 de marzo e se prolongue durante a semana seguinte até o día 5. Este calendario é o que xa existe nalgunha zona de Galiza, co que se unificarían as datas para todo o país e equilibraría os períodos de descanso de Nadal e Semana Santa na súa duración. O ano pasado, a Consellaría de Educación volveuse comprometer, por segunda vez, a estudar esta proposta de cara ao vindeiro curso, pero segue sen incluíla.
- O mantemento do Mércores de Cinza (13 de febreiro), como día non lectivo ao igual que os dous últimos cursos.
- A recuperación da xornada matinal reducida en xuño e setembro, unha demanda que conta co aval da maioría do profesorado que participou moi amplamente nas mobilizacións e na folga convocadas pola CIG-Ensino cando se eliminou esta xornada e que segue sendo unha cuestión fundamental desde un punto de vista pedagóxico e laboral, pois hai que considerar o cansazo do alumnado en xuño e a adaptación ao ritmo de aprendizaxe en setembro.
- A CIG-Ensino tamén defenderá que se institucionalice o 24 de febreiro como Día de Rosalía, tal e como propón a Asociación de Escritoras e Escritores (AELG), e que se inclúa no calendario escolar como unha conmemoración centrada no recoñecemento e difusión da autora que simboliza o Rexurdimento da nosa lingua e a nosa literatura. A data sumaríase á do Día de Europa, Día dos Dereitos do Consumidor, Día Mundial da Saúde, etc.
- A CIG-Ensino tamén defenderá que o calendario nas EEOOII non pode comezar até rematar o mes de setembro, por cuestións organizativas, xa que neste mes se realizan e avalían un alto número de exames.
- Canto á FP, a CIG-Ensino proporá que as actividades lectivas rematen de acordo cos requirimentos horarios establecidos para cada ciclo formativo.
- A CIG-Ensino volverá propor que se prolongue o período de adaptación do alumnado de 3 anos até o 30 de setembro.