A CIG-Ensino chama ao profesorado galego a mobilizarse en contra da derrogación do Decreto 124

Ataque á nosa lingua

Ante o reiterado anuncio da Consellaría de Educación de que, antes de que remate o ano, fará público o documento co que pretende derrogar o vixente Decreto 124/2007 de uso do galego no ensino, perpetrando un novo ataque contra o noso idioma, pois pretenderá reducir a súa presenza por baixo do 50% que recolle o Decreto aínda vixente, a CIG-Ensino vén de facer un chamamento ao profesorado galego para que se manifeste en contra desta nova agresión.

A CIG-Ensino chama ao profesorado galego a mobilizarse en contra da derrogación do Decreto 124



Ante o reiterado anuncio da Consellaría de Educación de que, antes de que remate o ano, fará público o documento co que pretende derrogar o vixente Decreto 124/2007 de uso do galego no ensino, perpetrando un novo ataque contra o noso idioma, pois pretenderá reducir a súa presenza por baixo do 50% que recolle o Decreto aínda vixente, a CIG-Ensino vén de facer un chamamento ao profesorado galego para que se manifeste en contra desta nova agresión

A CIG considera que o novo texto pode facerse público antes do día 30 de decembro, cumpríndose unha vez máis a aleivosía coa que Educación está a proceder, utilizando sen pudor os períodos vacacionais ou de descanso para anunciar ou aplicar aquelas cuestións que sabe son controvertidas, procurando que as súas decisións teñan a menor contestación posíbel ao facelas públicas cando os afectados non están nos seus centros de traballo.

Ante isto desde a CIG, como parte da plataforma Queremos Galego, convoca a todas as galegas e galegos a expresar o seu rexeitamento contra este texto co que se reducirá a presenza do noso idioma nas aulas.

Por outro lado, se a Consellaría realiza este anuncio tal e como está previsto, a CIG-Ensino, como ten anunciado, conxuntamente coa Plataforma Queremos Galego, levará a cabo unha folga no ensino á volta das vacacións de Nadal (previsiblemente o 21 de xaneiro).
 
Con esta folga xeral do ensino quérese dar contestación a esta nova agresión coa que o Goberno da Xunta e o seu presidente Núñez Feijóo pretenden reducir os dereitos das galegas e dos galegos e moi especialmente das xeracións máis novas, reducindo o seu contacto co noso idioma e, deste xeito, o seu recoñecemento como galegas e galegos.
 

Volver