A CIG-ENSINO asina o acordo de itinerantes

Ao fin asinouse hoxe o acordo de profesorado itinerante

Hoxe, día 18 de febreiro, a CIG-ENSINO, a Consellaría e as demais organizacións sindicais asinaron o acordo de profesorado itinerante (profesorado que exerce o seu traballo en máis dun centro) que mellora notabelmente as súas condicións laborais. Desde a CIG-Ensino, facemos unha valoración positiva porque regula e mellora substancialmente as condicións de traballo deste profesorado que é o que está en situación máis precaria. Satisfai a maioría das reivindicacións polas que a CIG-ENSINO e o profesorado afectado nos vimos mobilizando desde hai moitos anos.

   Desde a CIG-ENSINO, pretendemos que este profesorado sexa o máis reducido posíbel,  xa que temos como obxectivo ampliar ao máximo os cadros de persoal nos centros. O acordo, entre outras cuestións, vai garantir que a adxudicación deste tipo de prazas sexa voluntaria e non forzosa. Recolle, así mesmo, reducións horarias lectivas segundo os quilómetros que o profesorado teña que percorrer á semana. Se  percorre até 50 quilómetros, seranlle reducidas 2 horas; de 51 até 100, 3 horas; entre 101 e 150, 4 horas e se supera os 150 quilómetros, 5 horas. O acordo tamén limita en 250 quilómetros, como máximo, a distancia a que se pode desprazar un/unha profesor/a semanalmente e non superará os 35 quilómetros a distancia entre o centro de destino e os centros aos que se ten que trasladar. Tamén recolle as compensacións económicas por desprazamentos, medidas de protección da saúde como por exemplo que as embarazadas de máis de 5 meses non teñan que itinerar, etc. Igualmente, valoramos positivamente que o acordo para efectos económicos sexa aplicado desde o 1 de setembro de 2007. Agora, é a Consellaría a que ten que realizar as xestión pertinentes para executar o acordo nos centros.
    Para ler o acordo podes descargalo aquí.

Volver