A CIG-Ensino anuncia a presentación de Recurso Contencioso-Administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ante o Decreto do Plurilingüismo, publicado hoxe no DOG

O PP segue adiante cos ataques ao galego

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, declarou hoxe que a CIG-Ensino vai presentar Recurso Contencioso-Administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o Decreto do Plurilingüismo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Malia contar cos informes desfavorábeis da Real Academia Galega e do Consello da Cultura, e ter o ditame negativo do Consello Consultivo, o Consello da Xunta aprobou este Decreto contrario á normalización lingüística e de marxinación do galego no sistema educativo.
A CIG-Ensino anuncia a presentación de Recurso Contencioso-Administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ante o Decreto do Plurilingüismo, publicado hoxe no DOG
A Consellaría de Educación impón un Decreto que atenta contra o galego e que suscitou os maiores rexeitamentos da historia da normalización lingüística


O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, declarou hoxe que a CIG-Ensino vai presentar Recurso Contencioso-Administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o Decreto do Plurilingüismo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Malia contar cos informes desfavorábeis da Real Academia Galega e do Consello da Cultura, e ter o ditame negativo do Consello Consultivo, o Consello da Xunta aprobou este Decreto contrario á normalización lingüística e de marxinación do galego no sistema educativo.
A Xunta de Galiza desobedece o informe do Consello Consultivo e ignora intencionadamente os informes que sinalaron a inadecuación do proxecto e pediron a súa retirada nunha maioría abouxadora. Mais o goberno de Feijoo ten présa, présa por atacar o galego e así, poucos días despois de ser aprobado polo Consello da Xunta, hoxe mesmo, publica o decreto. Un decreto que presumibelmente pretenden revisar o máis axiña posíbel, despois do informe contrario do Consello Consultivo, unha vez modificada a lexislación que lles permita impoñer todas e cada unha das premisas en que basearon este ataque á nosa lingua.

Hoxe publícase no DOG o maior retroceso para a nosa lingua, un atentado ignominioso que pon en evidencia o desprezo ao profesorado do que fai gala esta Consellaría de Educación. Unha vez máis, desprézase o traballo realizado polo profesorado e, sobre todo, a súa capacidade e criterio pedagóxico. A insistencia patolóxica deste goberno para que as familias fixen a lingua do ensino, cando non só a lexislación non o contempla, senón que existen sentenzas contrarias a este tipo de consultas, é o seu mecanismo para desautorizar o profesorado á hora de determinar a situación sociolingüística do centro e as medidas a adoptar para dar cumprimento ao artigo 14 da Lei de Normalización Lingüística: “As autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ao remate dos ciclos en que o ensino galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral é escrito en igualdade co castelán”. Amais de desbotar que o alumnado teña competencia no noso idioma, tamén é un desprezo ao noso labor docente que o alumnado poida usar nas aulas de ensino en galego a lingua da súa preferencia.

Despois de 35 anos, cando xa deramos por rematada a ditadura que impediu mediante todos os métodos posíbeis o emprego do noso idioma, comprobamos con estupefacción como os que deben defender a nosa lingua empregan o Decreto, que debería regular o uso do galego, para restarlle presenza nas aulas e para impor que as matemáticas, a tecnoloxía, a física e a química teñan que ser impartidas en español, cando hai profesorado que vén impartindo estas materias en galego desde a época franquista . A CIG-Ensino seguira alentando a este profesorado para que continúe dando as clases na nosa lingua, contando con todo o noso apoio. A CIG-Ensino seguirá combatendo este Decreto con diferentes medidas como a que acaba de adoptar que é a presentación dun recurso contencioso-administrativo.

Decreto do Plurilingüismo 

Volver