A CIG-Ensino amosa novamente o seu desacordo co baremo do concurso excepcional para o ingreso na función pública docente

Na mesa sectorial do estado celebrada hoxe 26 de xullo

No día de hoxe, 26 de xullo, tivo lugar unha reunión da Mesa estatal na que o Ministerio presentou a proposta de acordo da Conferencia de Educación para o procedemento da convocatoria excepcional de estabilización así como o baremo definitivo. Tamén se deu traslado da orde marco de concurso de traslados de ámbito estatal.

Baremo único e texto do acordo das comunidades autónomas que se unan na xestión do concurso excepcional de ingreso.

O Ministerio deu traslado do acordo ao que está previsto que cheguen as comunidades autónomas que van vincularse voluntariamente a un proceso ordenado e coordinado polo MEFP. De momento só está descartado que Galiza, Euskadi e Catalunya se incorporen a el.

A Mesa non supuxo ningunha novidade ao respecto das últimas reunións, cando se debateu a modificación do RD 276/2007 para adaptalo ás exixencias da lei 20/2021. O MEFP confirmou o xa sabido e criticado pola CIG-Ensino: non haberá novos cambios e o baremo debe ser aplicado por todas as comunidades, formen parte do proceso unitario ou non, ao ser unha normativa básica do Estado.

Queda , por tanto, novamente claro que tanto o documento como o baremo si afectan de cheo pola imposición do Goberno español, co beneplácito da maioría sindical estatal de regular, univocamente e sen marxe de manobra, un proceso e unha baremación que supón unha atadura á hora de poder adaptar a Lei ás necesidades do profesorado e á posibilidade de negociar con liberdade no ámbito galego.

Na súa intervención, a CIG-Ensino fixo un repaso sobre as discrepancias do sindicato co Ministerio, e tamén con algunhas organizacións sindicais, ao respecto do baremo, ao considerar que non prima suficientemente a porcentaxe total da puntuación relacionada coa antigüidade que o sindicato considera que debería ser o criterio básico a ter en conta.

Igualmente, a CIG-Ensino fixo fincapé nas propostas que xa defendeu o pasado 14 de xuño para modificar o baremo do RD 276/2007 e cualificou como altamente decepcionante que nin a nivel ministerial nin a nivel sindical se dera respaldo á dúas propostas concretas que, sen dúbida, mellorarían o texto orixinal:

  • Garantir a puntuación actual do nivel B2 das titulacións de EOI. A CIG-Ensino considera un erro que non se respecte a puntuación actual de 0,5 puntos a quen ten un B2, que é o nivel considerado avanzado no momento no que se redactou o RD 276/2007, nun apartado que non se modifica. Por tanto, consideramos que a interpretación que fai o Ministerio, ademais de discriminatoria, é incorrecta. Como mínimo, debe recoñecerse a puntuación do nivel B2 mentres non existía o nivel C1 ou C2 (2017). Xa advertimos na Mesa anterior que non facelo podía poñer en perigo a puntuación dos actuais niveis B2 neste apartado. A redacción que presenta o MEFP xa é pechada e exclúe esa puntuación e a CIG está totalmente en contra.
  • Tamén propuxemos en xuño modificar o apartado 2.5 do Anexo IV do RD 276/2007 (ao que se vincula a puntuación permanente) para permitir que se puntúen todas as actividades formativas (e non só cursos como figura no texto) e con independencia da súa duración. Coa redacción do RD que o MEFP non cambia e presenta agora como unha proposta consumada, só se permite acumular “cursos non inferiores a 2 créditos”, o que implica que unha parte importante das xornadas formativas organizadas ou homologadas pola Consellaría de Educación e as demais administracións educativa (entre 8 e 19 horas) quedarán sen puntuar, o que supón unha clara discriminación.
  • Nas aclaracións ao baremo, que non poden ter carácter básico senón exclusivamente interpretativo, xa que non aparecen así no Real Decreto, indícase que non puntuará a experiencia do persoal laboral especialista mais si o do profesorado de Relixión (puntuando nos apartado 1.2 ou 1.3 segundo corresponda), o que é totalmente improcedente, xa que este profesorado non forma parte de ningún corpo docente.
  • Na diferenza que se introduce nas aclaracións entre centros públicos e outros centros o MEFP esquece aqueles centros públicos non dependentes das administracións educativas senón doutros ministerios ou da administración local.

Non atender a estas dúas medidas, nun proceso que se centra especialmente nas persoas con experiencia profesional nos centros docentes públicos, implica descoñecer a realidade da puntuación que ten unha parte dese profesorado e desatender unha demanda xusta. Advertimos con tempo dabondo para facer os cambios no Real Decreto e non é de recibo que agora se diga que non se pode.

O Ministerio de Educación, aínda que non dá por pechado o documento antes da sinatura formal por parte da Conferencia de Educación, só afirmou que revisará as propostas sindicais antes desa reunión interadministrativa, sen comprometer ningún cambio en concreto.

BAREMO DO CONCURSO DE MÉRITOS EXCEPCIONAL

MINISTERIO DE EDUCACIÓN

CIG-ENSINO

Só se acada a puntuación máxima sumando méritos nos tres bloques de puntuación: 15 puntos entre os tres e en total.

A puntuación máxima da suma dos tres bloques pode ser superior á puntuación máxima total: 15 puntos entre os tres bloques e 10 como máximo.

Apartado 1. Experiencia docente previa

-   Máximo 7 puntos

-   Só se teñen en conta 10 anos

-   0,7 puntos/ano na especialidade do corpo ao que se opta. Centros públicos.

-   0,35 puntos/ano noutras especialidades do mesmo corpo ao que se opta. Centros públicos

-   0,125 puntos/ano noutras especialidades doutros corpos diferentes ao que se opta. Centros públicos

-   0,10 puntos/ano en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo ao que se opta. Outros centros

-   Máximo 8 puntos

-   Só se teñen en conta 10 anos

-   1 punto/ano na especialidade pola que se concursa. Centros públicos.

-   0,5 puntos/ano noutras especialidades do mesmo corpo. Centros públicos.

-   0,35 puntos/ano noutras especialidades doutros corpos. Centros públicos

Apartado 2. Formación académica

- Máximo 3 puntos

A puntuación da maioría dos subapartados: expediente, doutoramento, DEA, Máster, outras titulacións etc) mantense como está no RD 276/2007

 

Polo apartado de titulacións de nivel avanzado de EOI só se puntuarán os niveis C1 e C2.

 

Introdúcese a novidade (novo apartado 2.5) de puntuar dentro deste apartado as certificacións de coñecemento de nivel C1 e C2 de linguas estranxeiras por entidades acreditadas.

- Máximo 3 puntos

 

Debe manterse , a maiores do C1 e C2, a puntuación do nivel avanzado B2, único nivel avanzado até 2017, a quen o tivese recoñecido naquel momento.

 

A puntuación das certificacións xa se puntuaba actualmente en Galiza no apartado de “outros méritos”. Para non mudar innecesariamente o baremo actual, debería quedar no mesmo apartado. De igual maneira que se poden puntuar as linguas oficiais (galego, catalá, éuscaro) no apartado de EOI tamén se debería puntuar no 2.5.

Apartado 3. Outros méritos

Máximo 5 puntos

-   Fase de oposición aprobadas: 2,5 puntos por ter superado a fase de oposición na mesma especialidade do corpo ao que se opta desde 2012. Máximo a ter en conta: dous procedementos (5 puntos)

-   Formación permanente: máximo 2 puntos.

Cursos non inferiores a 10 créditos: 0,5

Cursos non inferiores a 3 créditos: 0,2

Poden acumularse os cursos non inferiores a 2 créditos ou o seu equivalente en horas como un só curso.

Máximo 4 puntos en todo o apartado de “outros méritos”

-   Máximo 3 puntos por ter superado a fase de oposición

-   2,5 puntos na mesma especialidade do corpo á que se opta.

-   0,5 puntos nunha especialidade do mesmo corpo diferente á que se opta.

-   Non se debe fixar límite no ano desde o que se ten en conta.

-   Formación Permanente, coa que se podería chegar ao tope de puntuación do apartado (4 puntos) como fixa o MEFP para a fase de oposición aprobada

Non se debe limitar a duración dos cursos e demandamos que se garanta a puntuación tal e como está agora mesmo (puntúanse os cursos de 8 ou máis horas) e diferenciando a formación cursada e impartida.

 

Ligazón ao borrador do acordo da Conferencia de Educación.

Ligazón ao borrador do baremo do concurso excepcional.

Información da mesa sectorial estatal sobre a orde marco de concurso de traslados

O prazo de presentación de instancias ao CXT  (único para todo o Estado ao ser de ámbito estatal) será do 17 de outubro ao 7 de novembro de 2022.

Volver