A CIG denuncia a nula vontade de negociar da Consellaría de Educación

ANTEPROXECTO DECRETO CONTRA O GALEGO

A CIG-Ensino denuncia a falta de vontade negociadora por parte da Consellaría de Educación que vén de remitirlle aos integrantes do Consello Escolar de Galiza o mesmo borrador de anteproxecto de Decreto que se nos presentou ás Organizacións Sindicais para tratar na Mesa Sectorial.
A CIG denuncia a nula vontade de negociar da Consellaría de Educación
 
A CIG-Ensino denuncia a falta de vontade negociadora por parte da Consellaría de Educación que vén de remitirlle aos integrantes do Consello Escolar de Galiza o mesmo borrador de anteproxecto de Decreto que se nos presentou ás Organizacións Sindicais para tratar na Mesa Sectorial.
 
Este feito pon en evidencia que a Consellaría ten decidido non recoller ningunha achega das realizadas no seo da Mesa Sectorial, mesa de negociaciónque se reúne en primeiro lugar e onde debería negociarse este anteproxecto de Decreto, para logo ser presentado ao Consello Escolar recollendo xa as emendas realizadas na Mesa.
 
Se consideramos, ademais, que o borrador presentado non recolle as recomendacións e achegas realizadas no período de consultas, comprobamos que, efectivamente, esta Consellaría de Educación ten unha folla de ruta deseñada e inamovíbel, contra o noso idioma.
 
CIG-Ensino esixiralle á Consellaría que mude a súa postura de desprezo permanente cara ao noso idioma e que escoite a vontade popular que lle reclama que non siga atacando a lingua galega. A CIG lémbralle ao goberno que a sociedade galega saíu á rúa reiteradamente reclamando o seu dereito a recibir ensino en galego. O 17 de maio e o 18 de outubro de 2009 e, moi especialmente, o 21 de xaneiro de 2010 foron mobilizacións históricas no noso país en demanda dos nosos dereitos lingüísticos. Mesmo o 30 de decembro de 2009 e este mesmo sábado 13 de marzo, a cidadanía galega reaccionou con urxencia reclamando a paralización dos ataques reiterados contra o noso idioma. O goberno galego, se verdadeiramente o é, debe escoitar aos seus administrados e administradas e atender as súas demandas.

Volver