A CIG demanda a aplicación do V Convenio, a equiparación salarial e o mantemento dos postos de traballo no Consorcio

Concentráronse esta mañá diante da sede do organismo

Delegados e delegadas da CIG do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar concentrábase esta mañá para demandar a aplicación do V Convenio de Persoal Laboral da Xunta de Galiza; a equiparación das condicións laborais e salariais; o mantemento dos postos de traballo no proceso de integración na Axencia Galega de Servizos Sociais e transparencia e publicidade na xestión das listas de agarda.

No decurso da concentración o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou a situación de precariedade laboral na que se atopan as máis de 1.000 traballadoras e traballadores do Consorcio, con salarios que non chegan nin aos 1.000 euros e aos que se lles aplicaron tamén as reducións nas súas retribucións, incluído o recorte das súas pagas extra. Traballadores e traballadoras que, lembrou carecen mesmo de convenio de referencia.

A isto engadiu as reservas da CIG respecto do proceso de integración do Consorcio na Axencia Galega de Servizos Sociais, porque malia isto, non se prevé a equiparación co resto do persoal da administración até o ano 2020 “cando o normal sería que a igual traballo tiveran igual salario e que xa neste momento viran incrementadas as súas retribucións en máis dun 20%, xa que están facendo funcións semellantes ás demais traballadoras e traballadores da administración”. 

No mesmo sentido se manifestou, a secretaria nacional da CIG-Administración, María Carme López Santamariña, quen engadiu que a CIG tamén demanda transparencia na adxudicación de prazas  a través da lista que hai neste momento e que non se aproveite a integración na Axencia para amortizar postos de traballo.

López Santamariña considerou ademais que a situación laboral do persoal do Consorcio é dobremente “discriminatoria” porque “non teñen convenio que os/as ampare pero si se viron afectados/as por todas as leis e decretos de recorte de dereitos tanto retributivos como laborais, con ampliación de horarios e reorganización de postos de traballo”.

A secretaria nacional de CIG-Administración denunciou os recortes orzamentarios que afectan especialmente ao Consorcio e advertiu de que “desde CIG loitaremos para que non se aproveite a integración para desmantelar nin servizos sociais nin persoal”.

Antes de rematar a concentración, representantes dos comités de empresa, xunto co secretario nacional de CIG-Ensino e a secretaria nacional de CIG-Administración, entregaron un escrito dirixido ao Xerente  do Consorcio, que está servindo de base para facer unha recollida de sinaturas entre todo o seu persoal, no que se demanda a convocatoria da mesa de Negociación para tratar ademais das mencionadas demandas, a autorización para facer permutas entre as traballadoras e traballadores do organismo, a continuidade do persoal do plan de Inclusión a partir de 2013 e a restauración dos salarios e das pagas extraordinarias completas. o decurso da concentración o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou a situación de precariedade laboral na que se atopan as máis de 1.000 traballadoras e traballadores do Consorcio, con salarios que non chegan nin aos 1.000 euros e aos que se lles aplicaron tamén as reducións nas súas retribucións, incluído o recorte das súas pagas extra. Traballadores e traballadoras que, lembrou carecen mesmo de convenio de referencia.

A isto engadiu as reservas da CIG respecto do proceso de integración do Consorcio na Axencia Galega de Servizos Sociais, porque malia isto, non se prevé a equiparación co resto do persoal da administración até o ano 2020 “cando o normal sería que a igual traballo tiveran igual salario e que xa neste momento viran incrementadas as súas retribucións en máis dun 20%, xa que están facendo funcións semellantes ás demais traballadoras e traballadores da administración”. 

No mesmo sentido se manifestou, a secretaria nacional da CIG-Administración, María Carme López Santamariña, quen engadiu que a CIG tamén demanda transparencia na adxudicación de prazas  a través da lista que hai neste momento e que non se aproveite a integración na Axencia para amortizar postos de traballo.

López Santamariña considerou ademais que a situación laboral do persoal do Consorcio é dobremente “discriminatoria” porque “non teñen convenio que os/as ampare pero si se viron afectados/as por todas as leis e decretos de recorte de dereitos tanto retributivos como laborais, con ampliación de horarios e reorganización de postos de traballo”.

A secretaria nacional de CIG-Administración denunciou os recortes orzamentarios que afectan especialmente ao Consorcio e advertiu de que “desde CIG loitaremos para que non se aproveite a integración para desmantelar nin servizos sociais nin persoal”.

Antes de rematar a concentración, representantes dos comités de empresa, xunto co secretario nacional de CIG-Ensino e a secretaria nacional de CIG-Administración, entregaron un escrito dirixido ao Xerente  do Consorcio, que está servindo de base para facer unha recollida de sinaturas entre todo o seu persoal, no que se demanda a convocatoria da mesa de Negociación para tratar ademais das mencionadas demandas, a autorización para facer permutas entre as traballadoras e traballadores do organismo, a continuidade do persoal do plan de Inclusión a partir de 2013 e a restauración dos salarios e das pagas extraordinarias completas.

Volver