
A CIG continúa as mobilizacións contra a redución de persoal de cociña e o peche de comedores escolares.
Mobilizacións da CIG contra o peche de comedores escolares
Mantense por parte da CIG a campaña de mobilizacións iniciada desde que se tivo coñecemento da intención da Consellaría de Educación de pechar comedores escolares e de reducir dun xeito alarmante postos de traballo de cociña en numerosos centros escolares.
A CIG continúa mobilizándose contra o peche de comedores escolares e a redución de postos de traballo do persoal de cociña
Desde a comunicación por parte da Consellaría de Educación da intención de pechar determinados comedores escolares e de reducir un importante número de traballadoras e traballadores noutros centros, a CIG vense mobilizando para tentar impedir este novo ataque do goberno do Partido Popular ao ensino público en particular e aos servizos públicos en xeral, nomeadamente no medio rural.
Desde a comunicación por parte da Consellaría de Educación da intención de pechar determinados comedores escolares e de reducir un importante número de traballadoras e traballadores noutros centros, a CIG vense mobilizando para tentar impedir este novo ataque do goberno do Partido Popular ao ensino público en particular e aos servizos públicos en xeral, nomeadamente no medio rural.
Na primeira reunión celebrada coa Consellaría, o pasado 9 de abril, a proposta inicial supuña a eliminación de 66 postos de oficial e axudante de cociña e o peche de ao redor de 20 comedores escolares, xustificando o goberno esta medida no número de comensais e na redución de gasto. A proposta actual mantén, pese a algunha rectificación da Consellaría, 8 comedores ameazados de peche e 39 postos a suprimir, mais coa clara intención de que isto só sexa o comezo dun proceso de desmantelamento do servizo de comedor en moitos máis centros e da supresión posterior de moitos máis postos de traballo.
Ver centros afectados nun ANEXO ao final desta información
Xa naquel momento a CIG amosou ben claramente a súa total oposición, cualificando de mentira as argumentacións da Xunta, xa que os alumnos terán que comer igual, desprazándose a outros colexios, co gasto que isto supón en transporte ou ben continuar coa privatización de servizos, mediante o uso dos “catering”, que non supón aforro de cartos, pero si peor servizo. Iso si, naqueles que se mantén o comedor a Xunta vai aforrar cartos a costa de cargar aos traballadores que quedan coas funcións dos eliminados.
AS MOBILIZACIÓNS, FUNDAMENTAIS PARA PARAR ESTA AGRESIÓN AO ENSINO PÚBLICO
· A primeira resposta foi unha concentración convocada polos comités de empresa da Consellaría de Educación diante das instalacións de San Caetano o pasado 9 de abril, con participación da CIG e as demais organizacións sindicais con representación nos comités. Ligazón.
· A CIG convocou unha concentración o 16 de abril en Santiago ao entender que era preciso facer das mobilizacións un arma de defensa contra as agresións privatizadoras do PP e para facer visíbel un conflito con graves repercusións para o futuro dos serizos públicos no rural. Ligazón
· A CIG decidiu que era fundamental levar as mobilizacións e actos de protesta aos centros máis directamente afectados polo peche ou supresión de postos, buscando o apoio de toda a comunicade educativa (profesorado, persoal de administración e servizos, nais e pais) e das propias corporacións municipais, que ven recortados os servizos públicos que se prestan no seu concello. Así estanse a celebrar diversas concentracións e reunións en colexios afectados.Ligazón
TODAS E TODOS CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO
É importante que todas e todos os que defendemos o ensino público vexamos nesta política de recortes de postos de traballo e no peche de comedores escolares o que realmente se agocha nas intencións do Partido Popular: privatización de servizos públicos e agresións permanentes contra o ensino público, pola vía do recorte de orzamentos e o desmantelamento de centros.
O agrupamento de alumnado nos centros rurais, o peche de unitarias e agora o peche de comedores son partes dunha mesma estratexia: atacar o ensino público, reducindo os servizos que presta e pechando colexios e servizos que se prestan neles para aforrar cartos.
Fronte a isto a CIG vén de enviar aos centros un escrito solicitando o posicionamento e a solidariedade dos claustros así como unha recollida de sinaturas en contra do peche de comedores escolares e da redución de postos de traballo do persoal de cociña. Escrito recollida de sinaturas do claustro /// Escrito recollida de sinaturas ANPA
MANIFESTÉMONOS FRONTE Á PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS O DOMINGO 25 DE ABRIL EN COMPOSTELA
O próximo domingo 25 de abril, a CIG e outras organizacións sindicais, políticas e de renovación pedagóxica convocamos unha manifestación en Santiago de Compostela, que sairá ás 12 horas da Alameda, en defensa dos SERVIZOS PÚBLICOS e en contra da súa privatización. Ligazón
Animámosvos a todas e todos a participar nela, amosando así con rotundidade o noso rexeitamento aos recortes de gasto público do goberno central e á politica privatizadora do goberno do PP na Xunta, así como a nosa defensa irrenunciábel aos servizos públicos.
ANEXO
ANEXO
CENTROS NOS QUE A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE PECHAR O SERVIZO DE COCIÑA, AMORTIZANDO OS POSTOS DE OFICIAL 2ª DE COCIÑA
Lugo
- CEIP Ponde de Doiras (Cervantes)
- CEIP Aníbal Otero de Ribeira de Piquin
- CEIP Vicente Casabella (Ourol)
Ourense
- CEIP de Baltar
- CEIP de Calvos de Randin
- CEIP de Xunqueira de Espadanedo
- CEIP San Mamede de Montederramo
- CEIP do Bolo
CENTROS NOS QUE SE PRETENDEN SUPRIMIR OS POSTOS DE AXUDANTE DE COCIÑA POR TEREN MENOS DE 75 COMENSAIS
A Coruña: 12 postos de traballo
- CEIP da Castellana – Aranga
- CPI “Armando Cotarelo Valledor” – Boimorto
- CEIP da Barqueira – Cerdido
- CEIP Bragade – Cesuras
- CEIP “Francisco López Estrada” – Mañón
- CEIP de San Ramón – Moeche
- IES “O Mosteirón” –
- CEIP da Igrexa – As Somozas
- CPI de Viaño Pequeño – Trazo
- CEIP “Xacinto Amigo Lera” – Val do Dubra
- CPI de Vedra
- CEIP de Présaras – Vilasantar
Lugo: 12 postos de traballo
- CPI de San Román – Cervantes
- CEIP do Corgo
- CEIP “Santa María” A Fonsagrada
- CEIP “San Estevo de Parga” – Guitiriz
- CPI “Tino Grandío” – Guntín
- CEIP “Monte Baliño” – Ferreira de Pantón
- CEIP “Rosalía de Castro” – Mosteiro – Pol
- CEIP “Virxe da Luz” – Portomarín
- CEIP “Aníbal Otero” – Ribeira de Piquín
- CEIP de Riotorto
- CEIP de Samos.
- CEIP “Antonio Fernández López” – Sarria.
Ourense: 8 postos de traballo
- CEIP “Nosa Sra. Do Carme” – Calvos de Randín.
- CEIP Astariz - Freas – Castrelo de Miño.
- CEIP “Otero Novas” – Cortegada.
- CEIP “Vicente Risco” – Cualedro.
- CEIP “Joaquina Gallego Jorreto” – A Merca.
- CEIP de Luintra – Nogueira de Ramuín.
- CEIP “A. Vázquez Vázquez” – Rairiz de Veiga.
- CEIP “Eulogio Gómez Franqueira” – San Amaro.
Pontevedra: 7 postos de traballo
- CEIP de Covelo.
- CEIP “Manuel Sieiro” Crecente.
- CEIP da Golada.
- CEIP “Xaquín Loriga” – Lalín.
- CEIP “Vicente Arias de la Maza” – Lalín.
- CPI de Rodeiro.
- CEIP de Bandeira – Silleda