
A CIG abandonou, o venres 22 de maio, a mesa xeral de negociación da función pública porque a Xunta de Galiza non retirou a proposta de eximir ás/os empregadas/os da proba en galego
Outro ataque do PP contra o galego
A CIG esixiu nesta reunión a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación. Tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF.
Máis de 500 delegados e delegadas da área pública da CIG concentráronse hoxe en Santiago
A CIG abandonou hoxe a mesa xeral de negociación da función pública porque a Xunta de Galiza non retirou a proposta de modificación da Lei de Función Pública que exime ás empregadas e empregados públicos de coñecemento do galego no acceso á función pública
A CIG abandonou hoxe a mesa xeral de negociación da función pública porque a Xunta de Galiza non retirou a proposta de modificación da Lei de Función Pública que exime ás empregadas e empregados públicos de coñecemento do galego no acceso á función pública
|
A CIG esixiu nesta reunión a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación, tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF.
Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as
É tal o odio que este goberno da Xunta, co seu presidente á cabeza, profesa contra o galego que despreza de xeito autoritario, dá as costas e fai oídos xordos ao clamor popular en prol do noso idioma, evidenciado na maior manifestación que percorreu o pasado domingo as rúas de Compostela.
Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.
Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis.
Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.
Estamos ante unha proposta contraria tanto á Lei de Normalización Lingüística como ao Plan Xeral de Normalización Lingüística, así como ao Estatuto Básico do Empregado Público. A CIG non aceptará ningún paso atrás na normalización lingüística, polo tanto continuará esixindo a eliminación desta modificación, que supón unha agresión máis ao noso idioma
Convocatoria da Consellaría argumentado a eliminación da proba de galego |