A aposta da Consellaría polo ensino privado impide que haxa oferta suficiente de prazas no ensino público para o vindeiro curso
Poden ser numerosos os nenos e nenas de tres anos que se queden sen praza nos centros públicos nos que solicitan praza.
Exemplos como:
- Ames, no que se ofertan 250 prazas e hai 299 solicitudes.
- Lugo, no que se ofertan 475 e hai 488 solicitudes.
- Culleredo, no que se ofertan 225 e hai 234 solicitudes.
- CEIP Eusebio da Guarda de A Coruña, onde se ofertan 75 prazas e hai 125 solicitudes.
- CEIP Labaca de A Coruña, no que se ofertan 25 e hai 52 solicitudes.
- CEIP Ramón de la Sagra de A Coruña, no que se ofertan 50 e hai 60 solicitudes.
- CEIP Wenceslao Fernández Flores de A Coruña, n o que se ofertan 50 e hai 63 solicitudes.
- CEIP San Francisco Xabier de A Coruña, no que se ofertan 50 e hai 71 solicitudes.
- CEIP de Prácticas de Ourense, no que se ofertan 75 e hai 102 solicitudes.
- CEIP A Ponte de Ourense, no que se ofertan 50 e hai 60 solicitudes.
- CEIP Mestre Vide de Ourense, no que se ofertan 50 e hai 59 solicitudes.
- CEIP A Paz de Vigo de Ourense, no que se ofertan 25 prazas e hai 30 solicitudes.
- CEIP Chans de Vigo, no que se ofertan 25 prazas e hai 30 solicitudes.
- CEIP García Barbón de Vigo, no que se ofertan 50 prazas e hai 63 solicitudes.
- CEIP 6 do Nadal de Vigo, no que se ofertan 50 prazas e hai 56 solicitudes.
- CEIP Laxeiro de Vigo, no que se ofertan 50 prazas e hai 65 solicitudes.
- CEIP Pío XII de Compostela, no que se ofertan 75 prazas e hai 86 solicitudes.
- CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, no que se ofertan 44 e hai 66 solicitudes.
- CEIP Vilaverde Mourente de Pontevedra, no que se ofertan 50 e hai 71 solicitudes.
- EEI Crespo Rivas de Pontevedra, no que se ofertan 75 e hai 92 solicitudes.
- CEIP Campolongo de Pontevedra, no que se ofertan 25 e hai 41 solicitudes.
- CEIP Cabanas de Pontevedra, no que se ofertan 22 e hai 33 solicitudes.
- CEIP A Florida de Sanxenxo, no que se ofertan 22 e hai 32 solicitudes.
- CEIP A Escardia de Vilagarcía, no que se ofertan 10 e hai 32 solicitudes.
- Tamén faltan prazas nas localidades de O Porriño, Caldas, Cuntis, Vilagarcía, Lalín, Carballo, Ordes, Betanzos...
Isto é a evidencia máis contundente da falta de planificación interesada para fortalecer o ensino privado concertado (a onde moitos dos pais xa recorren sendo coñecedores da falta de prazas na pública, e polo tanto non fan solicitude na pública) en detrimento do ensino público como garante de igualdade de oportunidades.
Á luz destes datos e do alto número de alumnos/as por aula, sorprende que a Consellaría non teña previsto a construción de novas aulas e/ou centros públicos, cando destina máis de 250 millón de euros á escola privada concertada, o 11% do orzamento da Consellaría de Educación, e veña ampliando os concertos educativos, tendo previsto o seu incremento para o novo curso.
Lamentabelmente, estamos ante unha Consellaría que se desentende de garantir un servizo público fundamental como o ensino, malia que no seu programa electoral propón reducir a ratio en educación Infantil a 15 alumnos/as por aula. Todo vale para conseguir votos para despois facer todo o contrario: masificar as aulas con 25 alumnos/as e non facilitar nin posibilitar as prazas necesarias para garantir, como mínimo, a demanda de escolarización do alumnado de 3 anos.
A CIG-Ensino, amais de denunciar esta situación, vai exixir á Consellaría unha nova planificación escolar que supoña unha aposta inequívoca polo ensino público que comporte a construción de novos centros e unidades con todos os servizos complementarios, a redución do alumnado por aula e a garantía dunha praza no ensino público a todas as familias que a soliciten.