A actitude sectaria e prepotente de CCOO impide o avance nas negociacións do XIII Convenio Colectivo de centros de atención a persoas con discapacidade

XIII Convenio de atención a persoas con discapacidade

Logo da constitución da Mesa de Negociación do XIII Convenio Colectivo Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, o día 2 de outubro de 2007 (xa pasaron nada menos que 29 meses), este proceso de negociaciación foi un cúmulo de despropósitos, incumprimentos, faltas de respecto e suplantación das canles normais de negociación por CCOO, pola parte sindical e de AEDIS-FEACEM, pola parte patronal: convocatorias e desconvocatorias de ata oito reunións, de xeito unilateral e inxustificado, como xa temos denunciado, máis dun ano nunha situación de paralización total das negociacións, reunións e negociacións por parte desas dúas organizacións á marxe da Mesa e das outras organizacións nelas representadas, etc.

Ligazón

Volver