A 15ª edición do Correlingua comezou o 4 de maio en Santiago de Compostela
Baixo o lema: “Galego, a nosa creación común”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 4 e o 15 de maio
O Correlingua, percorreará doce localidades galegas entre o 4 e o 15 de maio, baixo o lema: Galego, a nosa creación común inspirado no poema A Fala de Manuel María. Enténdese que este proxecto é un mecanismo imprescindíbel para a normalización e futuro do galego, algo especialmente importante no actual contexto en que os datos estatísticos inciden na perda de falantes do noso idioma.
O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para estes no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.
No caso de Santiago de Compostela, a festa final levouse a cabo na zona vella da cidade, sendo o centro das actividades a Praza da Quintana. Neste ocasión, o alumnado puido disfrutar da actuación do grupo Monoulious DOP, así como facer parte da actividade participando no concurso de animación da carreira. Nesta edición, estivo con eles como presentador o polifacético Xurxo Souto, que tamén compartirá momentos do Correlingua noutras cidades e vilas galegas.