Inquérito sobre a situación dos equipos de coeducación dos centros de ensino galegos, Curso 2018-19

Desde a CIG-Ensino e a AS-PG constatamos que a coeducación recibe un escaso espazo nos centros. Como consideramos que é un aspecto de fundamental importancia no ensino, elaboramos este formulario para poder levar a cabo un estudo serio que nos permita, unha vez rematado, reclamar á Administración unha maior atención e dotación de recursos humanos para poder traballar de forma eficaz a coeducación tal como nos esixe a situación social que vivimos. Agradecémosche que lle dediques uns minutos.

1.Existe no voso centro unha persoa ou equipo que coordene as actividades de igualdade ou coeducación?*

En caso afirmativo:

1.2 Ten redución horaria a persoa coordenadora?
1.3 Ten orzamento propio para realizar actividades a área de igualdade?
2. Existe plan de igualdade ou coeducación no voso centro?*

2.1 En caso afirmativo:

2.1.1 É unha ferramenta útil xa que se desenvolven as estratexias de coeducación que recolle?
2.1.2 Coordénase desde o equipo de Orientación do centro?

2.2 En caso negativo:

2.2.1 Credes que o proceso de redacción deste Plan axudaría no voso centro para que se traballase colectivamente a coeducación?
3. Traballades no voso centro desde as titorías a eliminación de estereotipos sexistas, a violencia machista, a diversidade afectivo-sexual ou a linguaxe inclusiva?*

4. Para vós que sería prioritario para mellorar o traballo en igualdade do voso centro? Marcade a orde de prioridade de cada unha das tres seguintes e engadide algunha máis se o considerades, no recadro de texto "Outras accións":

a) redución horaria*
b) orzamento propio*
c) Formación específica*
5. Ofértanse no teu centro, como materias de libre configuración, algunha das seguintes?

Moitas grazas polo teu tempo !!!

As preguntas con * son de resposta obrigada.