22/5/2017 Posición da CIG-Ensino

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
10/3/2016 Hai alumnado que non recibe aulas e profesorado que ten incrementada a súa carga lectiva e precarizadas as súas condicións laborais e profesionais
Como consecuencia dos continuos recortes e dun insuficiente financiamento por parte da Xunta que, ano tras ano vén reducindo as partidas destinadas á universidade, e dunha inadecuada política de persoal que non ten en conta a necesidades docentes básicas, hai alumnado que non recibe aulas e profesorado que ten incrementada a súa carga lectiva e precarizadas as súas condicións laborais e profesionais.
 
15/2/2016 Febreiro 2016

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
12/6/2015 Celebradas o 10 de xuño
O Mércores 10 de xuño celebráronse as eleccións a PDI funcionario (persoal docente e investigador) e PDI laboral na Universidade de Vigo.
Eleccións Sindicais Universidade 2015
6/5/2015 Tamén valoramos positivamente os resultados alcanzados na Universidade de A Coruña
A CIG-Ensino foi organización máis votada obtendo a maioría de delegados na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados reafirman e fortalecen o traballo da CIG-Ensino como a organización sindical maioritaria e de referencia na USC, grazas ao apoio maioritario de profesorado. A CIG-Ensino obtén 14 delegados/as e segue sendo a forza maioritaria do sistema universitario galego.
Eleccións Sindicais Universidade 2015
 
26/4/2015 Eleccións Sindicais nas Universidades Galegas
O seis de maio celébranse as eleccións sindicais para renovar as xuntas de persoal e os comités de empresa de PDI nas Universidades de Santiago e da Coruña, ficando para o mes de xuño as da Universidade de Vigo. Neste documento pódese acceder ao programa e as candidaturas coas que a CIG-Ensino concorre aos citados procesos electorais.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20150318 Folga na Universidade
18/3/2015 E as mobilizacións convocadas nas 7 cidades para o día 24 de marzo
Organizacións sindicais e estudantís galegas compareceron este mércores, en rolda de prensa conxunta,  para facer un chamamento a secundar as manifestacións previstas nas sete cidades e a folga convocada para o vindeiro día 24 de marzo contra o Decreto 3+2. Un chamamento que as organizacións estudantís fixeron extensivo tamén ao estudantado non universitario. Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, alertou de que este Decreto “é letal para as universidades públicas” e denunciou que persegue limitar o acceso ás clases populares e favorecer a súa mercantilización e privatización.
Rolda de prensa convocatoria de folga o 24 de marzo
 
16/3/2015 Manifesto das organizacións sindicais e estudantís para a convocatoria de folga nas universidades galegas
As Universidades galegas polo ensino público para todas e todos, contra os recortes e por unha sociedade máis formada e cunha investigación de calidade.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Rolda de prensa convocatoria de folga o 24 de marzo
5/3/2015 Organizacións sindicais e estudantís galegas sumarán esforzos para que sexa masiva
Organizacións sindicais e estudantís anunciaron este mércores 4 de marzo, en rolda de prensa conxunta, a convocatoria dunha xornada de folga nos campus galegos para o vindeiro 24 de marzo. Razóns sobran, porque segundo explicou a representante da CIG, Alba Nogueira, ao último decreto –o 3+2- hai que engadir que as universidades galegas son das que contan co peor financiamento respecto do PIB, perderon case 100 millóns de euros nos últimos anos e son as segundas co profesorado máis envellecido do Estado.
Tesoura humana
29/1/2015 O goberno do PP pretende aprobar outra reforma do sistema universitaria sen debate
O goberno do PP pretende aprobar outra reforma do sistema universitario, sen debate coa comunidade universitaria, sen debate político nin social, sen unha avaliación da implantación da última modificación lexislativa e sen unha xustificación críbel das súas propostas.
 
23/1/2015 Escrito dirixido ao Secretario Xeral de Universidades

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Universidade. Sinal.
18/11/2014 Os contratados de PEC-Cap.VI que desenvolven tarefas de investigación ou axudantes de investigación integraranse no censo de PDI laboral
“Proxectos e Convenios, Capítulo VI” é a denominación xenérica que recibe un colectivo de traballadores e traballadoras da UDC que desenvolven tarefas de investigación, auxiliares ou axudantes de investigación, e de apoio a estas actividades en tarefas técnicas, administrativas etc. Este colectivo ten unha particular relación contractual coa UDC e unha situación laboral caracterizada pola precariedade, a inestabilidade e a falta de representación laboral, pois o seu Comité de Empresa estaba totalmente desaparecido, xa que non se renovara no ano 2011 como lle correspondía (amais de que tivera xa unha existencia moi irregular e con constantes baixas dos seus membros nos 4 anos de vixencia).
rolda de  prensa universidade setembro 2014
30/9/2014 Demanda da Xunta un Plan de Financiamento que permita salvar as universidades públicas en vez de salvar “concesionarias de autoestradas”
Representantes da CIG de PDI e PAS da Universidade de Santiago compareceron esta mañá en rolda de prensa para alertar das graves consecuencias que terán para a universidade e para Galiza os recortes contemplados no Plan de Equilibrio Orzamentario que vén de presentar o equipo de goberno desta institución. Un plan que definiron como “malo”, porque carga uns recortes que cualificaron como “durísimos” no persoal, sen avaliar os efectos que terá na docencia, na investigación e nos servizos, provocando a súa “descapitalización” e uns efectos “devastadores” para a prestación do servizo público universitario.
wert
23/9/2014 Prevé o mantemento dunha taxa de reposición do 10% e quere prolongar a precariedade contractual
A CIG asistiu á Mesa Sectorial de Universidades convocada polo Ministerio de Educación para debater o proxecto de reforma do sistema de acreditación e a regulación de concursos de traslados nas universidades. A CIG valora moi negativamente todas as reformas en marcha. O Ministerio non aborda os principais problemas que sofre o profesorado universitario derivados dunha política continuada de restricción orzamentaria e recortes. A taxa de reposición, nomeadamente, estrangula a renovación do cadro de persoal e impide a promoción profesional. A contratación precaria e os sucesivos recortes salariais colocan a unha masa crecente de profesorado en condicións laborais inasumibeis.
Universidade. Sinal.
16/7/2014 Pretende regular, por primeira vez, os concursos de traslados favorecendo aos investigadores do CSIC sen reciprocidade para o PDI das universidades
A CIG participou, na súa condición de sindicato máis representativo, na Mesa Sectorial de Universidades convocada polo Ministerio de Educación o 15 de xullo. O Ministerio quere cambiar o sistema de acreditación indo cara un novo marco máis parecido ao dos sexenios. Malia a reducida información recibida ata o momento a CIG á vista dos documentos presentados fai as seguintes valoracións:
diñeiro
9/10/2013 A CIG valora moi negativamente os Orzamentos Xerais do Estado
A CIG valora moi negativamente os Orzamentos Xerais do Estado para 2014 xa que manteñen a aposta por unha taxa de reposición do 10% para os corpos de funcionarios e un investimento raquítico en investigación sustentado fundamentalmente en préstamos reembolsabeis.
Tesoura humana
6/9/2013 A CIG participou na mobilización na que se denunciou a redución orzamentaria, o recorte de salarios e de bolsas e a suba das taxas, entre outras medidas
As prazas do Obradoiro e de Fonsenca, en Compostela, acolleron na mañá do venres 6 de setembro unha mobilización en contra dos recortes e en defensa da universidade pública que coincidiu coa inauguración oficial do curso universitario. Durante este acto, os asistentes conformaron unha tesoira xigante coa que escenificaron o rexeitamento á política de recortes que ameaza a universidade pública.
Concentración da comunidade universitaria diante do Parlamento
25/2/2013 Ás 10 da mañá concentráronse diante do Parlamento e ás 11 comezou un peche de 24 h na Facultade de Filosofía ao que chaman a sumarse a toda a comunidade universitaria
Contra as 10:00 da mañá persoal da USC iniciaba unha concentración simbólica diante do Parlamento de Galiza coincidindo co comezo do pleno no que se debaten os orzamentos da Xunta. Ao seu remate, contra as 11:00 horas, estudantes, PAS e PDI comezaban un peche de 24 horas que rematará cunha asemblea de traballadoras/es mañá martes, ás 11:00 horas tras da que sairán en manifestación, ás 13:00 horas desde o Toural até o Parlamento, onde se sumarán á concentración convocada pola Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos.
Mobilizacións na Universidade febreiro de 2013
 
25/2/2013 A Lei de Orzamentos suporá rebaixar un 6,5% os recursos respecto a 2012
A CIG fai un chamamento a toda a comunidade universitaria das tres universidades galegas a se unir ás mobilizacións convocadas para os días 25 e 26 de febreiro contra os recortes orzamentarios promovidos polo PP. Se o vindeiro martes 26 se aprobar a Lei de Orzamentos suporía rebaixar un 6,5% os recursos respecto a 2012 e un retroceso a niveis de financiamento de 2005.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Mobilizacións na Universidade febreiro de 2013
21/2/2013 Convocan unha campaña de mobilizacións até o día 26 de febreiro, data na que está prevista a votación en pleno da Lei de Orzamentos da Xunta de Galiza para 2013
As organizacións sindicais e estudantís das tres universidades galegas compareceron esta mañá en rolda de prensa para manifestar o rexeitamento unánime aos recortes orzamentarios previstos nos Presupostos da Xunta de Galiza para 2013. Recortes que, alertaron, poñen en perigo a universidade pública e o desenvolvemento futuro de Galiza. Ante isto, acordaron un calendario de mobilizacións que contempla entrevistas cos grupos parlamentarios, concentracións, aulas na rúa, pitadas e mesas redondas, entre outras.
Encontro co BNG febreiro de 2013
21/2/2013 A CIG-Ensino rexeita o texto presentado polo PP
A CIG-Ensino vén de trasladarlle BNG -nunha xuntanza convocada polo seu grupo parlamentario- a nosa oposición ao proxecto de lei do Sistema Universitario Galego presentado polo Goberno galego. En opinión da CIG-Ensino o proxecto de lei non cumpre o obxectivo de pular polo ensino público universitario, de achegar o financiamento suficiente, de facilitar a galeguización e non atende as necesidades de profesorado nin responde ás necesidades das diferentes áreas de coñecemento e investigación.
Rajoy con tesoiras.
20/7/2012 Agora anulando a paga extra de Nadal e eliminando os dereitos económicos durante as baixas
As medidas impostas polo goberno do PP contra dos empregados públicos, incluídos os docentes, e a clase traballadora en xeral e a cidadanía no seu conxunto supoñen un grave retroceso nas condicións laborais, sociais e da calidade de vida das persoas. A CIG-Ensino considera que as medidas promulgadas mediante o RDL 20/2012, favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e están feitas exclusivamente para rescatar a banca, causante desta crise.
 
25/4/2012 Medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo
A CIG considera que dito Real Decreto vai provocar miles de despidos de docentes, a exclusión do ensino superior dos estudantes de rendas máis baixas, desviar estudantes á privada, unha redución drástica da actividade investigadora e un aumento brutal da carga docente. De paso, arrasa as competencias autonómicas e a autonomía universitaria.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
13/2/2012 Proposta de CIG-Ensino

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
laboratorio
30/11/2011 É inadmisible que se modifiquen os compromisos e as regras coas que se contratou a este persoal logo de que a USC se teña beneficiado do seu traballo
A CIG quere mostrar o seu rexeitamento porque a USC siga sen contar cunha política de planificación do persoal que dea estabilidade ao seu persoal, cumpra coas expectativas e compromisos adquiridos, equilibre o cadro de persoal e favoreza a renovación do cadro de persoal.
Investigadora
 
23/6/2011 Importante recorte das convocatorias de apoio á investigación
A CIG Ensino, ante o recente anuncio por parte da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia no que se prevé un importante recorte das convocatorias de apoio á investigación, manifesta o seu total rexeitamento e indignación por unhas medidas que suporán un grave retroceso, non só no fortalecemento, senón tamén no propio mantemento do sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Votación
13/5/2011 Eleccións sindicais na Universidade de Vigo
A CIG-Ensino logra 6 de delegados/as na Xunta de Persoal do PDI funcionarios/as; 8 delegados/as, dun total de 17, no Comité do PDI laboral de Pontevedra e 4 delegados/as, dun total de 9, no Comité do PDI laboral de Ourense.
dog
 
15/4/2011 DOG 14-04-11
A CIG informa ao conxunto do PDI que no Diario Oficial de Galiza de hoxe, xoves 14 de abril, sae publicado o II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades galegas
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Cartaz eleccións universidade 2011
25/3/2011 24 de marzo de 2011: eleccións sindicais no ensino universitario
Incrementa a súa representación tanto no PDI (persoal docente investigador) funcionario como no PDI laboral
Presentación da candidatura da CIG as eleccións sindicais na Universidade
18/3/2011 A CIG-Ensino presenta a súa campaña, candidaturas e programa
O 18 de marzo, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentou en rolda de prensa os candidatos/as da CIG. Á parte de Anxo Louzao, asistiron os cabeza de lista das diferentes candidaturas: Alba Nogueira, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Funcionario (PDI Funcionario) da USC, Óscar Rodil, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Laboral (PDI Laboral) da USC, campus de Santiago; Duarte Santamarina, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Laboral (PDI Laboral) da USC, campus de Lugo; Carme F.P. Sanjulián, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Funcionario (PDI Funcionario) da UDC e Xulio Ferreiro, Cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Laboral (PDI Laboral) da UDC.