Retribucións

»ACTUALIZACIÓN ORDE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2010

Orde confección de nóminas do persoal ao servizo da administración autonómica para o ano 2010, e se actualizan con efectos 1 de xuño as contías das súas retribucións

-

Orde do 24 de xuño de 2010 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010, e se actualizan con efectos 1 de xuño as contías das súas retribucións.

»RETRIBUCIÓNS 2010 (XUÑO-DECEMBRO)

Retribucións do profesorado de ensino público para 2010 (actualizado)

-

Retribucións ensino público, profesorado non universitario, actualizado con efectos 1 de xuño despois do recorte salarial ao funcionariado. 

»ORDE DE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2010

Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010

-

Orde do 14 de xaneiro de 2010 (DOG 20-01-10) pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010 

»RETRIBUCIÓNS 2010

Retribucións do profesorado do ensino público para 2010.

-

Retribucións 2010. Ensino público non universitario 

»TRIENIOS 5 ANOS ATRÁS

Últimas informacións da Reclamación de trienios (anteriores a maio de 2007) dos últimos cinco anos.

-

Como sabedes, no debate nas Cortes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) foi o BNG, a instancias da CIG-Ensino, quen presentou unha emenda para que o estatuto recollese o dereito dos funcionarios interinos a cobrar os trienios. Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP

»RETRIBUCIÓNS DO ENSINO PÚBLICO PARA O 2009

Retribucións do profesorado do ensino público para o 2009

-

Documento coas retribuicións para o profesorado do ensino público non universitario para o 2009, segundo a orde de confección de nóminas. (DOG de 23 de xaneiro de 2009) 

»ORDE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2009

Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas 2009

-
Orde do 16 de xaneiro de 2009 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2009 e Corrección de erros venres 6 de febreiro
»CRISE ECONÓMICA

Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital

-

A campaña da CIG contra a crise económica culminará, nesta primeira etapa, con manifestacións en toda Galiza o 13 de novembro

»TRIENIOS DO PROFESORADO INTERINO.

Cobro de trienios do profesorado interino

-

Logo da publicación no DOG do pasado luns 14 de maio da Orde que recoñece o pagamento de oficio dos trienios a todo o persoal interino da Xunta de Galiza, o 18 de maio aparece no DOG a Orde onde se ditan normas relativas ao cobro de trienios por parte do profesorado mencionado. Tal e como reclamara e xa adiantara a CIG-ENSINO o pagamento efectuarase de oficio.

»CIG-INFORMA: RETRIBUCIÓNS (XANEIRO 2008)

CIG-Informa Retribucións. Xaneiro 2008

-

Mentres os nosos salarios se ven incrementados soamente nun 2% para o ano 2008, a infación do ano 2007 supera o 4,3%. É dicir, os nosos salarios desvalorizáronse nin máis nin menos nun 2,3% nun ano. Esta situación ten as súas orixes nos acordos asinados reiteradamente polo goberno central con CCOO, UGT e CSIF, nos que se fixa un incremento para todos os empregados e empregadas públicas nun 2%, segundo o IPC previsto, cando ano tras ano o IPC real é sempre superior ao previsto. 


Seccións

< Abril 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
19/04/2024
Outros 16 Abril 2024
Estadías formativas en empresas

A Consellaría publica na súa web a relación definitiva de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 16 Abril 2024
Rede de centros E-Dixgal

Na web da Consellaría publícase a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.

Convocatorias 15 Abril 2024
Comisións de servizo por conciliación

Está aberto o prazo para solicitar as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.

Convocatorias 15 Abril 2024
Comisións de saúde

Está aberto o prazo para solicitar comisións de servizo por motivos de saúde.

Outros 15 Abril 2024
Aulas de emprendemento

A web da Consellaría publica a relación de centros seleccionados para participar  no programa Aulas de emprendemento 2024.

DOG 12 Abril 2024
Concurso Xeral de Traslados no DOG

Publica a Consellaría no DOG a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados.