Retribucións

»TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS RETRIBUCIÓNS E AS XUBILACIÓNS NO ANO 2012

CIG Informa de Retribucións e Xubilacións 2012

-

Os salarios do profesorado depreciáronse en máis do 15% desde o ano 2010. Desde o mes de xuño de 2010 o profesorado viu reducido o seu salario mensual nunha media dun 7% e desde decembro do mesmo ano reducíronlle as pagas extras nun 30%. 

»PRIMEIRO OS TRIENIOS, DESPOIS OS SEXENIOS: GAÑA O DEREITO DA NON DISCRIMINACIÓN

Sexenios para o profesorado interino: confirmado o dereito a percibir este complemento de formación

-

Despois de que numerosos xulgados galegos ditasen sentenzas a favor das demandas presentadas polos servizos xurídicos da CIG, a xustiza europea recoñece agora o dereito do profesorado interino a cobrar sexenios. Esta sentenza do alto tribunal europeo supón o remate da disputa sobre a discriminación dos docentes interinos ao respecto do funcionariado de carreira nas súas retribucións.

»AS UNIVERSIDADES GALEGAS VEÑEN DE ELIMINAR ESTE CURSO A MATRÍCULA GRATUÍTA PARA O PROFESORADO

Polo mantemento do dereito á matrícula gratuíta na Universidade

-

Propoñémosvos que asumades a proposta que está reflectida no CIG Informa para desbloquear a situación e restabelecer o dereito a termos a matrícula gratuíta. 

»O Conselleiro de Educación tardou máis de 40 días en responder negativamente á exixencia da CIG-Ensino de restabelecer o dereito do profesorado de ter a matrícula gratuíta na Universidade

A Consellaría de Educación nega o dereito do profesorado de ter a matrícula gratuíta na Universidade

-

O Conselleiro de Educación tardou máis de 40 días en responder negativamente á exixencia da CIG-Ensino de restabelecer o dereito do profesorado de ter a matrícula gratuíta na Universidade. Trátase doutra medida máis de desconsideración co profesorado na carreira do actual Conselleiro, pois a Consellaría podería facer posíbel a continuación deste dereito coa transferencia económica correspondente.

»A CIG-ENSINO SEGUE A LOITAR PARA QUE O PROFESORADO TEÑA O DEREITO INDEFINIDO DE ACCEDER Á XUBILACIÓN ANTICIPADA

Retribucións e xubilación 2011

-

A CIG-Ensino vén batallando para conseguir o dereito indefinido a poder acceder voluntariamente á xubilación anticipada. Neste sentido, foron múltiples as accións e mobilizacións que levamos a cabo nestes últimos anos, intensificándose nos dous últimos cursos, por estar máis preto o prazo de remate. 

»RETRIBUCIÓNS 2011

Retribucións do profesorado do ensino público para 2011

-

Retribucións 2011. Ensino público non universitario 

»DESDE A CIG ENSINO, EXIXIMOS QUE A CONSELLARÍA PAGUE OS ESCASOS SALARIOS (700€) A ESTES BOLSEIROS DE MANEIRA INMEDIATA

A Consellaría de Educación non paga o salario de outubro a 260 auxiliares de conversa

-

A actuación da Consellaría de Educación neste programa, igual que noutros, consistiu en vender fume dunha maneira irresponsábel e só pensando en sacarlle un rédito publicitario e partidista.

»FOLGA XERAL. AREA PÚBILCA

MÁIS RAZÓNS PARA IR Á FOLGA XERAL O DÍA 29 DE SETEMBRO

-

As federacións da área pública da CIG –Administración, Saúde e Ensino- veñen de manifestar, na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, reunida esta mañá en Madrid, a súa “rotunda oposición” á proposta de redución salarial presentada na mesma. Un recorte que se engade á redución do 5% imposta o pasado mes de maio e á perda de poder adquisitivo que veñen acumulando desde hai anos por mor duns incrementos salariais inferiores ao IPC real.

»MEDIDAS REGRESIVAS

A CIG-Ensino manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás medidas propostas polo goberno para afrontar a crise

-

Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, declarou hoxe tras coñecerse o anuncio do goberno central que “estas medidas van deteriorar aínda máis a prestación dos servizos públicos entre eles o ensino” e que se está poñendo en marcha unha política gravísima de “adelgazamento da administración educativa”. Por iso, asegura que “non estamos dispostos a asumir estas medidas baixo ningún concepto” e anuncia que se emprenderán mobilizacións para paralizar a súa aplicación, sen desbotar ningún tipo de medida, incluída a convocatoria de folga. 

»XUBILACIÓN ANTICIPADA 2010

A CIG-Ensino segue a loitar para que o profesorado teña o dereito indefinido de acceder á xubilación anticipada

-

A CIG-Ensino vén batallando para conseguir o dereito indefinido a poder acceder voluntariamente á xubilación anticipada. Neste sentido levamos a cabo diferentes campañas apoiadas por miles de sinaturas nas que o profesorado exixe este dereito, ao mesmo tempo que reclama mellorar as gratificacións. Unha vez que o remate do período de implantación da LOE remata en 2011, para a CIG-Ensino será unha prioridade conseguir durante este curso o dereito indefinido a poderse acoller á xubilación anticipada, así como mellorar a gratifi cación no camiño de que a suma da cantidade percibida pola gratifi cación e maila de pensión teña que ser semellante ao salario que se percibiría de estar en activo. Isto é fundamental para que se incremente o número de profesorado que se xubile anticipadamente, repercutindo positivamente na creación de emprego coa incorporación de novo profesorado ao sistema educativo.


Seccións

< Marzo 2024  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
28/03/2024
DOG 21 Marzo 2024
Concurso de adultos

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

DOG 21 Marzo 2024
Integración en PES

Resolto definitivamente o procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario.

Outros 18 Marzo 2024
Interinidades en maderia e moble, patronaxe e soldadura

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de PESSFP.

Outros 18 Marzo 2024
Interinidades en chinés, xaponés portugués.

Relación definitiva na web da Consellaría de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo en diversas especialidades do corpo de profesores de EOIs.

Outros 18 Marzo 2024
Interinidades en secundaria

Publicada a relación e o baremo definitivos das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 15 Marzo 2024
Concurso de orientación

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.