VII Congreso - Anxo I
18/6/2017 Pola súa defensa a ultranza do ensino público galego, da nosa lingua, da nosa clase, da nosa patria
Delegadas e delegados do VII Congreso da CIG-Ensino, xunto coas delegacións internacionais convidadas e representantes de organizacións sociais e políticas galegas ovacionaron ao que durante os últimos 16 anos foi secretario nacional da federación. Canda el, as persoas que nesta xornada abandonaban a Executiva federal recibiron un agasallo en recoñecemento ao seu compromiso inquebrantábel “na defensa a ultranza do ensino público galego, da nosa lingua, da nosa clase, da nosa patria”, tal e como subliñou o recén elixido secretario nacional Xesús Bermello.
VII Congreso - Suso Bermellos
18/6/2017 Secretaría nacional, Executiva federal e candidatura ao Consello foron referendadas por unanimidade
Xesús Bermello foi elixido este sábado novo secretario nacional da CIG-Ensino no seu VII Congreso, en substitución do histórico Anxo Louzao, por 144 votos, sen que se producira ningún voto nulo nin abstencións.
 
4/11/2014 Desde o 2010 ao 2014

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Cartaz VI Congreso
26/10/2013 A Executiva foi ratificada con 174 votos a favor e 3 en branco
Anxo Louzao foi reelixido polo VI Congreso da CIG-Ensino como secretario nacional con 175 votos a favor e 2 en branco. Na súa intervención no acto de clausura chamou a “desterrar a resignación” para “sublevarnos como clase e como nación” e combater os ataques ao ensino público e á nosa lingua, entre outros. Cuestionou os chamamentos á unidade das forzas de esquerda de obediencia española que, porén, combaten políticas imprescindíbeis para Galiza desenvolverse e apelou á necesidade de que se dea unha unidade de acción “no movemento social e nacional” non sometido a “directrices, dinámicas e mandatos alleos”
Urna electoral
15/11/2011 Alerta de que unha maioría absoluta do PP “vai empeorar aínda máis” a situación, porque afondará nas políticas de recorte de dereitos e gasto social aplicadas polo PSOE
A Confederación Intersindical Galega considera que nunha situación económica e social como a actual, os resultados das eleccións do 20-N cobran especial importancia, como tamén “a quen lle deamos o noso voto”. Por iso, a central sindical fai un chamamento aos traballadores e traballadoras a participar activamente nestes comicios “apoiando e votando a aquelas forzas políticas que, na rúa ou nas institucións, estiveron connosco loitando contra as medidas políticas tan antisociais e antiobreiras e defendendo un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e democrático”.
V Congreso CIG-ENSINO
 
21/10/2010 O teu sindicato a CIG-ENSINO, a túa lingua o galego
Estatutos e documentos aprobados no V Congreso de CIG-ENSINO, celebrado o 24 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
bandeiras
12/10/2010 Información sobre o V Congreso celebrado en Compostela o 24 de outubro de 2009