9/8/2017
Facebook Twitter Google Plus Chuza Cabozo Belvis
compartir

A Consellaría de Educación aproveita o mes de agosto para seguir afondando na LOMCE

Publica en período vacacional do profesorado as instrucións para o desenvolvemento do curso académico 2017/18
A Consellaría volve deixar clara a nula defensa que fai da nosa lingua, pois nin sequera aproveita estas instrucións para dar solución a situación de “exclusión” e “eliminación” que o galego sofre no ensino dadas as modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO. O alumnado de ESO terá 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas.

Deixando a un lado que as instrución ditadas pola Consellaría chegan cando a matrícula ordinaria dos centros de secundaria, e polo tanto a elección de materias por parte do alumnado xa está pechada, deixando a un lado que para Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a Lingua Galega non é materia troncal, destaca que segue a non incluír solución á situación de exclusión da lingua galega.

Nas mesmas instrucións a Consellaría volve limitar a impartición de materias como Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas a que haxa un número mínimo de alumnas e alumnos, incluso no caso de centros de pequenos de ámbitos rurais ou pequenos núcleos de poboación, estas mesmas limitación aplícanse a toda a optatividade da Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Nas instrucións nas que a Consellaría afonda na LOMCE, volve quedar claro, que só se busca un rendemento económico e de cifras, posto que nin sequera deixa aplicar os Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento nos cursos de terceiro e cuarto da ESO, limitándoos a 1º e 2º da ESO, e só excepcionalmente para 3º da ESO. E claro está, en todos os casos, cun número mínimo de alumnos e alumnas.

Por outro lado a Consellaría volve deixar clara a nula defensa que fai da nosa lingua, pois nin sequera aproveita estas instrucións para dar solución a situación de “exclusión” e “eliminación” que o galego sofre no ensino dadas as modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO. O alumnado de ESO terá 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas.