11/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Chuza Cabozo Belvis
compartir

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas oposicións

O prazo de reclamación será de cinco dias naturais

A Consellaría de Educación publicou finalmente as listas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para a función pública docente do ano 2017. Desde a CIG-Ensino criticamos nesta mesma semana e na anterior unha inxustificábel demora da Consellaría á hora de publicar estas listaxes, especialmente tras ter difundido a propia Consellaría as cifras de persoas que concorrían ás diferentes especialidades hai xa máis de dúas semanas. 

O prazo para presentar reclamacións é de cinco días naturais contados a partir do día seguinte á publicación na web, polo que o rematará o mércores 14.

Resolución pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluída 

Listaxe provisional de persoas admitidas primaria

Listaxe provisional de persoas admitidas secundaria

Listaxe provisional de persoas excluídas primaria

Listaxe provisional de persoas excluídas secundaria

 

De entre os motivos de exclusión caben destacar os seguintes:

 

Corpo de mestres

46 por 2: A/O solicitante carece da titulación idónea.

75 por 15: A/O solicitante non realizou o aboamento correcto da taxa.

17 por 16: A/O solicitante non acredita a súa identidade e denega a consulta automática. 

 

Corpos de secundaria

34 por 2: A/O solicitante carece da titulación idónea.

93 por 13: A/O Solicitante carece da formación pedagóxica requirida.

51 por 15: A/O solicitante non realizou o aboamento correcto da taxa.

8 por 16: A/O solicitante non acredita a súa identidade e denega a consulta automática.

 

Toda a información sobre as oposicións en:

Corpo de mestres. Ligazón

Corpos de secundaria. Ligazón