Servizos mínimos das folgas dos días 21 e 27 de setembro

Nova imposición da Consellaría de Educación

Na reunión para negociar os servizos mínimos a Consellaría de educación volve impor sen acordo os servizos mínimos no ensino, e volve privar ao profesorado das unitarias, non pertencentes a un CRA, do seu dereito á folga. A CIG Ensino rexeitou estes servizos mínimo debido a que se lle conculca un dereito fundamental, como é o de folga, ao profesorado destes centros.

A consellaría vai aplicar sen acordo coas organizacións sindicais os seguintes servizos mínimos.

Centros de 6 ou máis de 6 unidades: 1 membro do equipo directivo.

Centros de menos de 6 unidades: 1 membro do equipo directivo ou membro do claustro no que deleguen.

Unitarias (non pertencentes a un CRA): un profesor ou profesora da unitaria.

Podedes ver a acta da reunión no arquivo anexo.

Volver