Reunión da Mesa de Universidades do día 26 de febreiro

Mesa de Universidades

26 de febreiro de 2007 reuniuse a Mesa Sectorial de Universidades -órgano de negociación entre a Administración, as Universidades e as organizacións sindicais-. Nesta reunión fíxose unha primeira aproximación ao traballo que se quere levar adiante nos vindeiros meses no seo da Mesa Sectorial. Se ben a Dirección Xeral de Ordenación

Reunión da Mesa de Universidades

 

26 de febreiro de 2007 reuniuse a Mesa Sectorial de Universidades  -órgano de negociación entre a Administración, as Universidades e as organizacións sindicais-.  Nesta reunión fíxose unha primeira aproximación ao traballo que se quere levar adiante nos vindeiros meses no seo da Mesa Sectorial.  Se ben a Dirección Xeral de Ordenación

 Universitaria non presentou propostas nin calendario concreto, nos próximos meses será preciso abordar tanto reformas normativas, como o plano de financiamento e os complementos retributivos. A CIG considera prioritario, e así o fixo saber na Mesa, o debate sobre unha proposta de Lei de Universidades de Galicia que estableza o modelo de ensino universitario galego tan pronto resulte aprobada a reforma da

 LOU.

 En relación con outras cuestións a CIG propuxo abordar de inmediato a definición da forma de integración e a regulación do status do persoal investigador coa participación da Dirección Xeral de I+D de acordo co criterio de que todo/a traballador/a debe ver recoñecidos o conxunto dos seus dereitos laborais.

 En canto aos complementos retributivos a CIG defendeu que debe existir un complemento que, con carácter xeral, corrixa o desfase retributivo no que se atopa o conxunto do profesorado universitario, sen prexuízo da existencia doutros complementos de perfil docente ou investigador.

O Director Xeral informou que se instou á CENAI a avaliar "sexenios" de

 profesorado contratado doutor a fin de que podan solicitar os complementos retributivos autonómicos.  Nesta liña parece existir un plan piloto na Comunidade de Madrid que confían se estenda ao conxunto do profesorado.  Polo que respecta aos complementos de excelencia curricular informa de que na vindeira convocatoria está prevista a inclusión dun baremo que permita unha elección adecuada dos méritos a achegar.

Volver