Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do concurso-oposición ao corpo de PES, PT, EOI, profesorado de música e artes escénicas, mestres e adquisición de novas especialidades para 2019

O prazo de reclamación é de 5 días hábiles e comeza o venres, 17 de maio, e remata o venres, 24 de maio de 2019.

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de acordo co establecido na base sexta da Orde do 21 de febreiro de 2019. No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).  Ligazón

Listaxe provisional de persoas admitidas en primaria. Ligazón. 

Listaxe provisional de persoas admitidas en secundaria. Ligazón.

Listaxe provisional de persoas excluídas en primaria. Ligazón.

Listaxe provisional de persoas excluídas en secundaria. Ligazón.

Información sobre o procedemento de reclamación a través da Sede electrónica da Xunta de Galiza. Ligazón.

Volver