Publicadas as listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso xeral, adultos e orientación

Ábrese un prazo de 5 días para reclamar ao baremo.

Este prazo de 5 días, do 22 de xaneiro ao 27 de xaneiro non substitúe ao prazo de reclamacións posterior ao da publicación de resolución provisional dos citados concursos que é cando teredes que renunciar, ou volver presentar a reclamación de non ter sido atendida antes da publicación das resolucións provisionais.

Instrucións da Consellaría para reclamar

As docentes que participen no concurso poden consultar a resolución provisional dende a aplicación do CXT (https://www.edu.xunta.es/cxt).

1. menú Listaxes concurso > Listaxes de instancias

Pasos a seguir para reclamar.

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar mediante correo electrónico aos seguintes enderezos en función do corpo polo que participa:

Podes ler toda a información sobre os distintos concursos na seguinte ligazón

Volver