Publicada a resolución provisional do CXT e de Orientación de Primaria

Educación Infantil, primaria e orientación nos centros de Educación Infantil e primaria

O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a:  persoal.primaria@edu.xunta.gal

Adxudicación Provisional corpos de educación infantil e primaria.

Resolución da adxudicación provisional de infantil e primaria

Listaxe da adxudicación provisional de infantil e primaria

Listaxe provisional de persoas participantes excluídas de infantil e primaria

Adxudicación Provisional do Concurso específico de Orientación nos CEIPs.

Resolución da adxudicación provisional

Listaxe da adxudicación provisional

Listaxe provisional de persoas participantes excluídas

Nota importante para o persoal que participe en ambos concursos.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estean participando simultaneamente en ambos concursos, e que obteña praza definitiva na xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.


Toda a información do CXT de primaria e infantil na seguinte ligazón

Toda a información do Concurso de orientación na seguinte ligazón

Volver