Publicada a resolución provisional do CADP de primaria

Reclamacións ou renuncias á resolución provisional, no prazo de dous días hábiles a contar desde mañá

Resolución do 27 de xullo de 2018 pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2018/19 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Resolución provisional

Adxudicación provisional

O persoal concursante poderá presentar reclamacións ou renuncias á resolución provisional, no prazo de dous días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, hoxe 27 de xullo.

As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación ou a renuncia presencialmente, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

Volver