Propostas da CIG-Ensino para a negociación coa Consellaría neste treito final do curso

Mesa Sectorial

A CIG-Ensino xa lle entregou á Conselleira de Educación unha serie de propostas de temas para negociar ao principio deste curso escolar co obxecto de seren tratadas na Mesa Sectorial. A negociación de moitos deles terá que ser trasladada para o curso que vén, unha vez que xa estamos na recta final do remate de curso.

Propostas de temas de negociación

 

A CIG-Ensino xa lle entregou á Conselleira de Educación unha serie de propostas de temas para negociar ao principio deste curso escolar co obxecto de seren tratadas na Mesa Sectorial. A negociación de moitos deles terá que ser trasladada para o curso que vén, unha vez que xa estamos na recta final do remate de curso.

 

Despois da nosa insistencia e das campañas realizadas, a Consellaría comprometeuse a presentar un calendario de temas para negociar antes de rematar o curso. Asumiu, en distintas mesas, que, entre outros, se negociasen as condicións de traballo dos itinerantes, uns novos criterios para mellorar os cadros de persoal dos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIPs) e a negociación do horario lectivo e laboral dos mestres.

 

A CIG-Ensino, á parte dos temas que xa ten comprometidos coa Consellaría, proporá que, neste trimestre, antes do 15 de xuño, se negocien tamén novos criterios para impedir as dificultades existentes para que os centros se acollan á xornada lectiva continuada, negociación dos criterios para poder aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos, dotación de administrativos/as en todos os centros de infantil e primaria, redución das ratios máximas, dotación e extensión das bibliotecas escolares, conciliación da vida laboral e familiar (modificación da Orde do 28 de xuño de 2006, permiso de paternidade, etc.), oferta de F.P. para o vindeiro curso, pagas extras completas, etc. 

 

Proposta da CIG-Ensino para negociar no último trimestre do curso 2006-2007

 

 

 1.      Calendario escolar: Restabelecemento da xornada continua reducida de 4 horas durante os meses de xuño e setembro.

2.      Redución lectiva e laboral do profesorado de Infantil e Primaria para igualalo co profesorado de secundaria, 18 horas lectivas, como máximo.

3.      Novos criterios para mellorar os cadros de persoal dos centros EEI, CRA, CEP, CEIP, CEE e CPI.

4.      Nova regulamentación que facilita que os centros se poidan acoller á xornada continuada durante todo o ano.

5.      Redución horaria para os maiores de 55 anos, sen  perda remunerativa.

6.      Dotación de Administrativos/as nos centros de Educación Infantil e Primaria.

7.      Mellora das condición de traballo do profesorado itinerante.

8.      Redución do número de alumnos/as por aula.

9.      Dotación e extensión das bibliotecas escolares.

10.  Conciliación da vida familiar e laboral.

11.  Oferta de formación do profesorado para o vindeiro curso.

12.  Pagas extras completas

 

 

INTRODUCIÓN

 

A CIG-Ensino xa lle entregou á Conselleira de Educación unha serie de propostas de temas para negociar ao principio deste curso escolar co obxecto de tratar na Mesa Sectorial. A negociación de moitos deles terá que ser trasladada para o curso que vén, unha vez que xa estamos na recta final do remate de curso.

 

Despois da nosa insistencia e das campañas realizadas, a Consellaría comprometeuse a presentar un calendario de temas para negociar antes de rematar o curso. Asumiu, en distintas mesas, que, entre outros, se negociasen as condición de traballo dos itinerantes, uns novos criterios para mellorar os cadros de persoal dos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIPs) e a negociación do horario lectivo e laboral dos mestres.

 

A CIG-Ensino, á parte dos temas que xa ten comprometidos coa Consellaría, proporá que, neste trimestre, antes do 15 de xuño, se negocien tamén novos criterios para impedir as dificultades existentes para que os centros se acollan á xornada lectiva continuada, negociación dos criterios para poder aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos, dotación de administrativos/as en todos os centros de infantil e primaria, redución das ratios máximas, dotación e extensión das bibliotecas escolares, conciliación da vida laboral e familiar, oferta de F.P. para o vindeiro curso, pagas extras completas, etc. 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR

 

Restabelecemento da xornada continua reducida de 4 horas nos meses de xuño e setembro.

Despois da folga masiva e da mobilización do día 3 de maio no ensino público e, tamén, a realizada no ensino privado concertado en contra da supresión da xornada continua reducida durante os meses de xuño e setembro, á Conselleira no lle queda máis remedio que rectificar, restabelecendo o tipo de xornada que na actualidade está en vixencia, do contrario estarían ante un comportamento totalmente autoritaria e de desprezo á vontade da maioría do profesorado.

 

 

HORARIO LECTIVO DO PROFESORADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Ø     18 períodos lectivos, como máximo, de docencia para todo o profesorado de Infantil e Primaria, igual que o profesorado de Educación Secundaria.

 

Co obxecto de reducir o horario lectivo e laboral do profesorado e estabelecer un horario semellante ao profesorado de secundario, propomos como horario semanal individual do profesorado o seguinte:

§        Períodos lectivos: 18 períodos lectivos como máximo.

-         Horas complementarias fixas:

o       1 hora de coordinación pedagóxica.

o       1 hora de titoría de atención a pais e nais.

o       1 hora, como mínimo, de dedicación á coordinación do ciclo.

o       De cero a 2 períodos de garda.

§     As restantes horas de dedicación ao centro serán computábeis  mensualmente.

A permanencia mínima do profesorado, computada no seu horario semanal, non poderá ser menos de 3 horas diarias de luns a venres. O número de períodos lectivos diarios impartidos polo profesor estará comprendido entre un mínimo de 2 a un máximo de 5.

 

Ø     Estabeleceranse, entre outras, as seguintes reducións horarias mínimas sobre o horario lectivo (partindo sempre das 18 horas lectivas):

§        O/A coordinador/a do Equipo de Normalización Lingüística (en centros de menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; centros de 6 a 12 unidades, 3 períodos lectivos; en centros de máis de 12 unidades, 4 períodos lectivos). 1 hora de redución horaria lectiva para o profesorado que forme parte do Equipo de Normalización.

§         O/A coordinador/a de ciclo (en centros de menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; en centros de 6 a 12 unidades, 3 períodos lectivos; en centros de máis de 12 unidades, 4 períodos lectivos).

§        O/A Xefe/a do Departamento de actividades complementarias e extraescolares (en centros de menos de 6 unidades, 1 período lectivo; en centros de 6 a 12 unidades, 2 períodos lectivos; en centros de máis de 12 unidades, 3 períodos lectivos).

§        O/A coordinador/a de formación do centro (en centros de menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; en centros de 6 a 12 unidades, 3 períodos lectivos; en centros de máis de 12 unidades, 4 períodos lectivos).

§        Ampliación da redución do horario lectivo para a titoría,  os/as membros dos equipos directivos e o/a responsábel de novas tecnoloxías.

§        O/A responsábel da biblioteca (en centros de menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; centros de 6 a 12 unidades, 3 períodos lectivos; en centros de máis de 12 unidades, 4 períodos lectivos). 1 hora de redución horaria lectiva para o profesorado que exerza esta función.

 

 

 

 

NOVOS CADROS DE PERSOAL:

 

Negociación dos criterios para elaborar uns novos cadros de persoal dos CEI, CEP, CRA e CPI, que contemplen, entre outras, as seguintes propostas:

§        Todos os centros terán catalogados tantos postos de  Educación Infantil e Primaria como sexan necesarios.

§        Elaboración duns novos cadros de persoal partindo de 18 horas lectivas, como máximo, para todo o profesorado de Educación Infantil e Primaria.

§        Contemplación dos/das repetidores/as para fixar os grupos.

§        A Consellaría garantirá que os docentes responsábeis da biblioteca teñan a redución horaria lectiva suficiente para desenvolver o seu traballo, atención á biblioteca escolar, coordinador/ora do Equipo de Normalización Lingüística.

§        Catalogaranse postos de Orientador/a en todos os centros de EI e/ou EP de máis de 6 unidades. Cada 12 unidades máis, catalogarase un posto máis de Psicoloxía/Pedagoxía (Orientador/ora)

§        Servizo de orientación comarcalizado para aqueles centros de menos de 6 unidades.

§        Catalogarase un posto de apoio para a atención ás necesidades educativas especiais por cada 6 unidades de Infantil e/ou Primaria, do seguinte xeito: até 6 unidades, 1 posto de PT; 12 unidades, 1 posto de PT e 1 de AL; 18 unidades, 2 postos de PT, 1 de AL e así sucesivamente.

§        Todos os centros terán especialistas, independentemente do número de unidades do centro.

§        Ampliación dos Equipos Específicos de Orientación.

§        Deseñaranse propostas e catálogos específicos para zonas ou colexios de actuación preferente e con necesidades específicas.

 

 

CENTROS DE INFANTIL E INFANTIL/PRIMARIA DE MENOS DE 3 UNIDADES

 

Urxe elaborar un plano específico que supoña unha nova ordenación do ensino no medio rural, fundamentalmente nos centros de menos de 3 unidades, e que leve a garantir un servizo de calidade e unhas condicións de traballo para o profesorado semellante ás do resto dos centros, que garanta a escolarización no seu contorno e cos mesmos parámetros de calidade que nos centros completos.

 

 

MELLORA DAS RATIOS:

 

Ø     Redución das ratios máximas en todos os niveis educativos: o número de alumnos/as por aula:

§        Máximo de 15 alumnos/as en Infantil, reducindo a 12 se escolarizan alumnos/as de diferentes idades. Como criterio xeral non se escolarizarán nunha mesma aula nenos/as de diferente niveis educativos.

§        Máximo de 20 alumnos/as en Primaria.

§        Redución das ratios nas unidades que escolaricen nenos/as con necesidades educativas especiais. A ratio será, como máximo, de 15 alumnos/as en Primaria e 12 en Infantil.

§        Desdobramentos dos grupos que superen 15 alumnos/as na área de Lingua estranxeira.

§        Mentres non se xeneralice a redución de ratios nas escolas unitarias non poderá haber un/unha único/a docente se os/as alumnos/as escolarizados/as son máis de 12.

 

 

XORNADA ÚNICA

 

Ø     Nova regulamentación que facilite aos centros de xornada única partida acollerse á xornada continuada durante todo o ano.

§        Negociación dunha nova regulamentación para facilitar que os centros se poidan acoller á xornada continuada e que non estea condicionada polo transporte escolar. No referente á participación dos pais/nais, como máximo, debe solicitarse a participación do 50% do censo e para ser aprobada necesitaríanse os dous terzos dos votos emitidos. A Consellaría garantirá actividades extraescolares nestes centros.

 

 

REDUCIÓN HORARIA PARA OS/AS MAIORES DE 55 ANOS

 

Negociación da redución horaria voluntaria para todo o profesorado sen perda remunerativa que teña 55 anos, desde un mínimo dun terzo até un máximo da metade do seu horario lectivo.

 

 

DOTACIÓN DE PERSOAL ADMINISTRATIVO A TODOS OS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Cómpre dotar urxentemente de administrativos/as todos os centros de Infantil e Primaria.

 

DOTACIÓN E EXTENSIÓN DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

§        Fixación do marco lexislativo que defina o lugar da biblioteca no marco educativo integrándoa na estrutura organizativa do centro. Este marco lexislativo deberá contemplar tamén políticas específicas que apoien o seu desenvolvemento.

§  A Administración educativa garantirá que o/a docente responsábel da biblioteca teña, para desenvolver as súas funcións, a redución suficiente do seu horario lectivo e complementario.

§  As bibliotecas deberán contar cun fondo documental adecuado e actualizado, así como con instalacións e equipamentos apropiados ás súas funcións.

 

CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

 

OFERTA DE F.P. PARA O VINDEIRO CURSO

 

PAGAS EXTRA COMPLETAS

 

 

MELLORAS DAS CONDICIÓNS LABORAIS PARA O PROFESORADO QUE IMPARTE DOCENCIA EN MAÍS DUN CENTRO

 

A CIG-Ensino non considera desexábel a existencia do perfil de profesorado itinerante, pois significa a existencia dunhas peores condicións de traballo para o profesorado que está nesta situación. Mais, considerando que é difícil garantir os mesmos servizos e ensinanzas nas escolas do rural se non se cobren certos postos de forma itinerante, entende que cómpre regular esta situación procurando unha mellora deste tipo de postos. A súa cobertura debe ser voluntaria e evitarase que, agás nas escolas unitarias e centros incompletos, se comparta máis dun centro.

 

 

PROPOSTAS XERAIS:

 

§        Cómpre considerar medidas especiais de protección á maternidade e de prevención de riscos laborais.

§        A Administración Educativa comprometerase á revisión dos postos itinerantes e á súa redución, procedendo á ampliación dos catálogos dos centros para evitar os desprazamentos.

§        Os postos itinerantes serán voluntarios, polo que non poderán ser adxudicados forzosamente nas adxudicacións provisionais, nin no concurso de traslados.

§        A configuración dos horarios farase partindo, como máximo, de 18 períodos lectivos semanais. O tempo de desprazamento entre o centro base e os centros, tanto para a impartición de aulas como para a asistencia a reunións de órganos de coordinación ou goberno, débese considerar como de docencia e o cómputo por desprazamento nunca será inferior a media hora por desprazamento entre centro e centro.

§        A distancia entre o centro ou localidade de destino e os centros aos que se ten que desprazar o profesorado, non será superior a 20 quilómetros nin terá unha duración superior a 25 minutos, agás casos excepcionais.

§        O profesorado terá dereito a percibir quilometraxe polos desprazamentos realizados, tanto para impartir clase como para asistir a reunións de coordinación, de acordo coas tarifas vixentes para axudas de custo (“dietas”) aprobadas pola Xunta de Galiza.

§        Estabeleceranse indemnizacións económicas para os vehículos, créditos brandos para a súa adquisición e crearase un fondo para sinistros e un seguro de vida e accidentes para accidentes durante os desprazamentos.

 

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO ITINERANTE DOS CRAs:

 

Ademais das propostas xerais para todo o profesorado que imparte docencia en máis dun centro, propomos:

§        Os/As profesores/as itinerantes impartirán docencia no menor número de centros posíbel.

§        Os horarios deben estar configurados de tal maneira que o desprazamento do/a itinerante sexa o menor posíbel por día.

§        O/A profesor/a itinerante non percorrerá nunca máis de dúas escolas á mañá e unha pola tarde. Para iso, poderase adaptar a duración das sesións que nunca superarán os 18 períodos lectivos.

 

MEDIDAS DE PROTECCIÓN DA MATERNIDADE E DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS:

 

§        As profesoras embarazadas tenderán a non impartir en máis dun centro  durante a mesma xornada e poderán deixar de itinerar, realizando distintos labores de apoio no centro base, a partir do quinto mes de xestación.

§        No caso da existencia de informe médico que desaconselle a realización de itinerancias por risco laboral (especial sensibilidade aos riscos nos desprazamentos ou risco para o embarazo) estabeleceranse con carácter transitorio as medidas necesarias: realización de labores de apoio no centro base, substitucións no contorno do domicilio…

§        Terase en conta tamén os/as traballadores/as que polas súas características sexan especialmente sensíbeis aos riscos que implican os desprazamentos.

 

MODIFICACIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO:

 

§        Cando se produza a modificación dun posto de traballo a itinerante, o profesorado afectado, caso de ser definitivo, terá opción de permanecer nese posto ou ser suprimido con dereito preferente á localidade.

§        Esta mesma opción manterase naqueles casos en que a itinerancia pase a incrementarse en máis dun 50%.

 

 

 

Volver