Primeira entrega de sinaturas no rexistro da Consellaría de Educación en Santiago, a fin de modificar a carga horaria da ESO

Carga horario da ESO

Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG-ENSINO, e profesorado representante dos Departamentos de Música, Plástica e Visual e Tecnoloxía, fixeron a primeira entrega, no rexistro da Consellaría de Educación, de máis de 2700 sinaturas do profesorado destas tres áreas, en defensa dunha maior carga horaria no futuros currículos de Educación Secundaria Obrigatoria destas disciplinas.

A CIG-Ensino e o profesorado asinante queren manifestar, mediante estas sinaturas, algunhas das seguintes opinións:

  • O seu rexeitamento á pretensión da Consellaría de aprobar os currículos sen buscar os consensos ou aceptacións suficientes entre o profesorado.
  • Amosar o desequilibrio desta proposta, xa que tanto o eido artístico como o tecnolóxico ven considerabelmente reducida a carga horaria que teñen na actualidade. Até un 40% as materias de Música e Educación Visual e un 43% a Tecnoloxía.
  • O inadmisíbel que resulta que unha materia como Relixión teña unha carga superior no conxunto da etapa, e que se lle incremente o seu horario en relación ás ensinanzas mínimas fixadas polo MEC, mentres que as devanditas disciplinas perden unha importante carga lectiva.

Esta acción é unha das moitas que se están levando a cabo dende a CIG-Ensino para demandarlle á Consellaría que modifique a súa proposta co obxecto de conseguir un maior equilibrio entre as diferentes áreas e que pasa por outorgarlle unha maior carga horaria ás materias de Tecnoloxía, Música e Plástica e Visual. Outra das accións é a convocatoria de folga para o día 12 de abril.

Volver