Preto dun milleiro de profesores e profesoras afectados pola modificacións de horarios na eso secundan a mobilización convocada pola CIG-Ensino

Carga Horaria da ESO

A pasada semana a CIG-Ensino convocou varias asembleas co profesorado destas materias para o que a Consellaría de educación propón unha redución da carga horaria obrigatoria de máis do 40%. Nesas asembleas propúxose a realización dunha manifestación que hoxe percorreu a cidade de Compostela, cunha importantísima participación. Nestas asembleas tamén se acordara realizar unha solicitude de entrevista dirixida á Conselleira.

Preto dun milleiro de profesores e profesoras afectados pola modificacións de horarios na eso secundan a mobilización convocada pola CIG-Ensino

  

Preto mil profesores e profesoras de Tecnoloxía,  Plástica e Música secundan a mobilización convocada pola CIG-Ensino.

A pasada semana a CIG-Ensino convocou varias asembleas co profesorado destas materias para o que a Consellaría de educación propón unha redución da carga horaria obrigatoria de máis do 40%. Nesas asembleas propúxose a realización dunha manifestación que hoxe percorreu a cidade de Compostela, cunha importantísima participación. Nestas asembleas tamén se acordara realizar unha solicitude de entrevista dirixida á Conselleira.

A continuación da manifestación realizouse unha asemblea do profesorado afectado que superaba os 400 participantes e na que se acordou o seguinte:

  • Solicitar o posicionamento das ANPAs e intentar o apoio das organizacións do estudantado.
  • Procurar manifestacións públicas de diferentes organismos, entidades ou personalidades en defensa da importancia da formación do alumnado destas especialidades.
  • Continuar coa campaña de recollida de sinaturas que se entregarán o vindeiro luns 26 ás 11:30 h.
  • Desenvolver unha pancarta reivindicativa coincidindo coa celebración do Consello Escolar de Galiza, no Mupega o 28 de marzo.
  • Convocar unha xornada de folga para o 12 de abril, día en que se realizará unha manifestación nacional en Compostela, ás 11:30 h.

Desde a CIG seguiremos defendendo, tamén no Consello Escolar de Galiza, que se recupere a carga horaria de tecnoloxía, plástica e música, pois estamos a falar de dous ámbitos, o tecnolóxico e o artístico, que valoramos como fundamentais na formación básica do alumnado. Reclamaremos que se reduza o horario de relixión, educación para a cidadanía e a supresión do proxecto interdisciplinar, pois as dúas últimas deben ser abordadas transversalmente en todas as materias e non podemos aceptar que relixión duplique a carga horaria obrigatoria de plástica ou música como recolle a proposta da Administración.

Despois desta mobilización, agardamos que a Conselleira reconsidere a súa postura e atenda estas xustas reivindicacións, para o cal xa se lle presentou unha solicitude de entrevista que debería atender como mostra de vontade de querer solucionar este problema.

  

Volver