Por unha ESO integral e de calidade

Desenvolvemento da LOE

Uns 500 docentes das materias de TECNOLOXÍA, PLÁSTICA E MÚSICA participaron o mércores nas asembleas convocadas pola CIG-ENSINO en Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Ferrol, Vigo, Santiago, Cambados e Burela para tratar sobre a problemática xurdida como consecuencia da situación derivada da proposta de Consellería pola redución da carga horaria obrigatoria destas tres áreas.

Asemblea a nivel galego do profesorado das  especialidades de  tecnoloxía, plástica e música

  

A proposta presentada pola Consellería de Educación sobre a carga horaria é descompensada, sacrificando tres campos de grande relevancia na sociedade actual como son a tecnoloxía, educación plástica e visual, e música, causando un deterioro na calidade do ensino secundario que vai quedar incompleto nestas áreas. Por isto a CIG-Ensino está a levar unha campaña de recollida de sinaturas para que se reconsidere a proposta de carga horaria.

 

Uns 500 docentes das materias de TECNOLOXÍA, PLÁSTICA E MÚSICA participaron o mércores nas asembleas convocadas pola CIG-ENSINO en Lugo, Pontevedra, A Coruña,  Ourense, Ferrol, Vigo, Santiago, Cambados e Burela para tratar sobre a problemática xurdida como consecuencia da situación derivada da proposta de Consellería pola  redución da carga horaria obrigatoria destas tres áreas.

 

Desde a CIG-ENSINO valoramos como positiva a asistencia a ditas asembleas  e  o respaldo que está tendo a recollida de sinaturas para reclamar á Consellaría  que modifique a súa proposta co obxecto de conseguir unha formación máis integral e completa para o alumnado  e un maior equilibrio entre as diferentes áreas que pasa por outorgar maior carga horaria ás materias de Tecnoloxía , Música e Plástica . Así propoñemos ampliar a carga lectiva  de   Tecnoloxía até 6 horas,  de Música en 4 e de  Plástica e Visual a 5 horas de impartición obrigatoria en toda a ESO. Estas horas sairían da redución de Relixión, Educación para a cidadanía e a supresión do Proxecto interdisciplinar. Ademais no relativo a 2º Lingua estranxeira entendemos que debe ter un horario obrigatorio de 2 horas en 1º e 2 en 2º e logo o resto do horario, optativo.

 

Solicitude de entrevista aos grupos parlamentares    

 

A CIG-Ensino, tal como se acordou tamén onte nas esembleas, ven de pedir entrevistas cos grupos parlamentares do PSOE e BNG para que insten á Consellaría a un cambio de posicionamento.

 

Descarga aquí o modelo de recollida de sinaturas .

 

 

Volver