O traballo dos centros e da CIG Ensino volve dar resultados

Conseguidas 14 prazas de atención preferente a maiores das ofertadas pola Consellaría nun primeiro momento

A CIG Ensino, como vén sendo habitual realizou un traballo xunto cos centros educativos do País que dou lugar a que reclamáramos 24 novas prazas de atención preferente na mesa sectorial. Destas 24 prazas a Consellaría oferta 10 dentro das 14 novas prazas que engadiu desde a súa negociación.

Seguimos esixindo que esta convocatoria, da que non é partidaria a CIG Ensino xa que entendemos que o o que hai que facer é potenciar os postos de traballo de atención á diversidade de carácter fixo, veña moito antes á mesa e que os centros teñan coñecemento da posibilidade de solicitar estas prazas e de como facelo.

Tamén e preciso coñecer a forma de reparto das prazas e criterios das Inspeccións, xa que non existe un criterio homoxéneo por parte das Inspeccións, dándose casos onde as inspeccións seguen a negar a posibilidade de acceder a estas prazas para o alumnado de educación infantil.

Ligazón a toda a información sobre as prazas de atención preferente.

Volver